Presentado o programa Ludiveran 2014 que promove a Delegación de Cultura do Concello do Valadouro. Asistiron a presentación e información sobre este programa lúdico, a Concelleira Maria José Fernández e o coordinador de cultura Marco Uría. O programa de verán de lecer consta de variadas actividades como manualidades, reciclaxe, cociña, bailes, xogos, reciclaxe etc. Está destinado a nenos/as que naceran entre o ano 2002 e 2010 e consta dun calendario que se extende entre o 26 de xuño e 29 de agosto nun horario de 10:00 a 13:30 horas
