Lugo, 19 de xuño de 2014. A praza de San Marcos acollerá este venres, 20 de xuño, a partir das 17.00 horas o I Torneo de Pequevolei Deputación de Lugo, unha iniciativa dirixida a potenciar a práctica do voleibol entre os máis pequenos posta en marcha polo Club Emevé en colaboración coa área de Benestar Social e Deporte da institución provincial.
A primeira edición desta cita deportiva está aberta a todos aqueles equipos compostos por un mínimo de 3 xogadores e un máximo de 5. Os equipos poden ser mixtos, e poden estar formados por xogadores de entre 6 e 12 anos de idade, polo que se establecerán tres categorías de participación: prebenxamín, con rapazas e rapaces nados entre 2006 e 2007; benxamín, do 2004 ao 2005; e alevín, entre 2002 e 2003.
O prazo de inscrición rematará ás 16.00 horas de mañá venres, pero ademais dos equipos inscritos poderán participar crianzas de entre 6 e 12 anos de forma individual que queiran ter un primeiro contacto con este deporte, para o que se habilitará un campo especial para recibir unhas breves sesións técnicas. Para máis información ou formalizar a inscrición poden dirixirse ao enderezo electrónico pequevoleyemeve@gmail.com
O sistema de competición definirase unha vez se coñeza o número de equipos inscritos, e os encontros disputaranse por tempo, xogándose unicamente un punto final en caso de empate.
Durante a súa intervención, Antonio Veiga fixo fincapé “no interesante que resultan este tipo de actividades en canto fomentan a integración das crianzas nunha rutina moi saudábel como é o deporte, coa que poden potenciar as súas habilidades sociais a través do contacto con outros nenos e nenas da mesma idade”.
“Este I Torneo de Pequevolei é unha boa proba do traballo que desenvolve, ao longo de todo o ano, o Club Emevé a prol do deporte de base, facendo das súas categorías inferiores a canteira do voleibol lucense” – concluíu o vicepresidente.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
