Ribadeo, 20 de xuño de 2014. O quiosco da música foi escenario este venres da presentación da festa Ribadeo indiano, alén do tempo, que se celebrará os días 11 e 12 de xullo. O obxectivo é dar a coñecer as actividades, as construcións e as doazóns que fixeron en Ribadeo os que un día partiron cara Cuba, Arxentina, Venezuela ou Uruguay, entre outros lugares. O programa da festa indiana inclúe un pregón, actuacións musicais, un mercado de produtos de ultramar, obradoiros de baile ou unha exposición que está situada nas fachadas das casas indianas máis representativas de Ribadeo, entre outras cousas. Comercio e hostalaría tamén estarán moi implicados nesta festa. O evento foi presentado esta mañá polo alcalde, Fernando Suárez, e polo presidente de Acisa, Roberto Ramos, que acudiron á cita caracterizados ao igual que a concelleira de Turismo, a xerente do CCA e outros membros da directiva da Asociación de Comerciantes.
O rexedor dixo que “neste Ribadeo que tanta vinculación tivo coa emigración, neste Ribadeo que viu marchar tantos veciños e tantas veciñas, alén do mar, no século XIX e alén da terra no século XX. Refírome no caso século XIX a América, marchaban para Cuba, para Arxentina, para Uruguay, para Venezuela e xa no século XX íanse para Suiza, para Francia, para o Reino Unido e para Alemaña. E incluso vemos como agora a pegada que a emigración ten en Ribadeo segue a ser importante, dado que moita xente moza sigue marchando, tendo que emigrar. E esas son as pegadas malas da emigración”.
Suárez Barcia sinalou que “a emigración tamén tivo cousas boas, que é o que queremos salientar con esta iniciativa que estamos a presentar hoxe para celebrar en xullo a festa indiana. O que queremos é recuperar e poñer en valor o que para Ribadeo significou a emigración e o que significaron os indianos. En Ribadeo temos arquitectura indiana, temos vivendas no ámbito urbano e no ámbito das parroquias, que foron feitas coa fortuna de moitos que triunfaron e que viñeron, con outros moitos que doaron parte da súa fortuna para facer escolas aquí no noso concello e en tantos outros de Galicia, que doaron recursos para facer elementos como a granxa Pedro Murias, etc”.
O alcalde lembrou que “de todo iso en Ribadeo levamos moito tempo falando coa cultura indiana, pero nunca ata o de agora fixeramos nada. E desde hai un tempo a esta parte desde o Concello e desde a Asociación de Comerciantes, coa que nos une unha estreita colaboración en moitos aspectos, quixemos traballar polo miúdo, de maneira caladiña, ata chegar ao día de hoxe para presentar o que queremos que sexa a primeira festa indiana de aquí de Ribadeo”. E engadiu: “sabemos que moitos concellos teñen festas vikingas, festas romanas, etc e aquí en Ribadeo tampouco tiñamos unha festa que nos caracterizara. Pois ben agora que, incluso estamos caracterizados para a ocasión, queremos animar e convidar a todos os veciños e veciñas de Ribadeo para que os días 11 e 12 de xullo tamén se disfracen, se caractericen como os indianos de alén do océano Atlántico, de Cuba, de Venezuela ou do Caribe. Imos poñer a primeira pedra para que ano tras ano, dentro de moi pouquiños anos se coñeza Ribadeo por todas as virtudes que xa ten, pero tamén pola festa indiana que vai dar moito que falar en Ribadeo e en toda a comarca”.
Suárez Barcia tivo palabras de agradecemento para todos os que están a colaborar “a parte do Concello e de Acisa tamén á Banda Municipal de Ribadeo, á Asociación Amadores da Música, ao Grupo de Teatro de Ribadeo, á EMMeD e a persoeiros significativos que nos están a axudar como Ernesto Cruzado ou Chemy Lombardero, así coma ao resto da xente que estivo a traballar estes meses con nós”.
Pola súa banda, o presidente de ACISA, Roberto Ramos, agradeceu “los esfuerzos que está realizando todo el mundo para organizar este evento. Acisa y el Ayuntamiento estaba haciendo un trabajo por separado y hace tres meses nos dimos cuenta que todos estábamos trabajando en busca del mismo objetivo, entonces hemos aunado esfuerzos y tanto técnicos del Ayuntamiento como la directiva de Acisa, distintos establecimientos y personas están ayudando y colaborando y se ha creado un grupo de trabajo que está funcionando muy bien. Se ha creado una semilla muy importante para que este evento salga muy bien en esta primera edición y se afiance de cara a futuros años”.
Sobre o programa da festa indiana Ramos indicou que “el día 11 a las siete de la tarde tendrá lugar una charla en el Cine Teatro a cargo de Carlos Isirey, ex secretario xeral de Emigración de la Xunta. A las 20 horas desde la praciña de San Roque saldrá una visita teatralizada que podrán seguir todos los vecinos y visitantes que se encuentren por aquí ese fin de semana. Será a cargo del grupo Quinquilláns. A las nueve y media aquí en el quiosco de la música tendrá lugar el pregón del evento, que lo realizará Don Pancho. Y a continuación habrá una actuación de la Banda Municipal de Música de Ribadeo”.
Xa o día 12 de xullo “a las once de la mañana en el barrio de San Roque, que como sabemos es una las zonas más importantes del Ribadeo indiano se realizará la inauguración del mercado de productos de ultramar, que estará abierto a lo largo de todo el día. De 11 a 13 horas en el Cine Teatro habrá unos obradoiros de baile. A las 12, también en San Roque, habrá una actuación del grupo de percusión de la EMMeD. De seis a nueve de la tarde habrá un evento que se llama Na procura da pegada indiana. Se trata de un juego de pistas y de pruebas, que rematará con una entrega premios que haremos durante la verbena. A las ocho en el Círculo Habareno en A Devesa también habrá una charla y a las nueve de la noche habrá animación teatral por las calles a cargo del Grupo de Teatro de Ribadeo. La fiesta concluirá con una verbena a partir de las diez de la noche, en el quiosco de la música, que amenizará la noche. En mitad de la verbena entregaremos los premios tanto de la ginkana popular como del comercio, que luego os contaré. También tendremos un foto stand, que será una zona en la que gente podrá retratarse con algunos elementos de atrezzo indiano y luego podremos colgar esas fotos en las redes sociales, compartirlas, y quedarnos con un recuerdo de esta fiesta. Habrá unha exposición en las fachadas de las casas indianas más importantes de la villa”, engadiu Roberto Ramos.
O presidente de Acisa tamén contou que “desde el comercio y desde la hostelería también tenemos previstas varias actuaciones. En el comercio, aprovechando estos dos días, se entregarán unos tickets por las compras efectuadas y después en el sorteo conocerán si les saldrán gratis. Los premios de la ginkana oscilarán entre los 150 y los 300 euros en vales de compra para gastar en los establecimientos asociados a Acisa. Y en la hostelería habrá locales que darán tapas y raciones con una nota indiana. Todos los locales que participarán en el evento estarán perfectamente señalizados con una rotulación especial, estarán ambientados y el personal de los mismos estará caracterizado de indiano. Sólo queda invitar a todo el mundo a que participe en el evento. Será una bonita forma de darnos a conocer al turismo, y de dar a conocer todo el patrimonio indiano, la arquitectura, la vestimenta, la gastronomía…”.
Hai unha páxina web ribadeoindiano.com e un perfil de facebook -Ribadeo Indiano- con información sobre o evento, os actos que haberá eses días e tamén consellos sobre a vestimenta indiana.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



