Viveiro, 28 de xuño de 2014.- O Concelleiro abaixo firmante, Guillermo Leal Arias, portavoz do GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO INDEPENDIENTES DE VIVEIRO (iVi), no Concello de Viveiro,
EXPÓN:
Que ao amparo do disposto no art. 35 da LEI DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN; no art. 77 da LEI REGULADORA DE BASES DE RÉXIME LOCAL, LEI 7/1985 de 2 de abril; no texto refundido das disposicións legais vigentes en materia de réxime local aprobado por R.D. 781 7 86, de 18 de abril e dos atrs. 14, 15 e 16 do reglamento de organización, funcionamento e réxime xurídico da entidades locais, aprobado por R.D. 2568/86, de 28 de novembro e demais normativa legal procedente e que resulte aplicable, realiza os seguintes:
ROGOS
1. No pleno do 19 de Febreiro de 2013, este grupo municipal propoñía ao pleno da Corporación Municipal o nomeamento dunha avenida co nome de D. Gerardo Harguindey Banet, a que vai dende o cruce de Celeiro (na actualidade Avda. Ramón Canosa) ata a confraría de pescadores. Esta proposta fora aprobada por unanimidade. Asi pois entendemos que xa debemos de proceder o colocado das pracas que sinalicen a nova rúa, e para elo vemos acertado facelo durante as próximas festas patronais e do mar de Celeiro, e por elo ROGAMOS o equipo de goberno que realice as xestións oportunas para realizar este acto.
2. Poidemos comprobar que a Capela do Pazo de Malates, na rúa Alonso Pérez, atópase nun estado deplorable no su interior, cos cristais rotos e nun abandono total. Por elo ROGAMOS o equipo de goberno nos indique a quen pertence a mesma, e tamén en que situación se atopa, e se tomen as medidas oportunas para subsanar na medida do posible a situación actual, dado que no interior se atopan tallas de imaxenes que teñen un gran valor relixioso, ademaís de artístico dado a súa antiguedade. E tamén se están catalogados e protexidos tanto o pazo coma a propia capela.
3. Nos últimos anos, en varias ocasións por parte de este grupo municipal formularonse o equipo de goberno varias preguntas, ata en seis ocasións, sobre o ansíado novo plan de trafico para a nosa Cidade. Por elo e apesares das respostas a ditas preguntas, ROGAMOS nos indiquen por parte do goberno municipal todas as xestións que se realizaron ata esta data para poñer en marcha dunha vez por todas en funcionamento o plan de tráfico para tratar de correxir e reducir as grandes colas e caravanas que se producen nas entradas de Viveiro, sobor de todo na época do vran, e en que punto se atopan ditas xestións, con datas concretas.
4. Temos queixas de varios veciños dalgunha das parroquias que compoñen o Concello do atraso que se leva neste ano co rozado das cunetas das estradas tanto as pertenecentes a Deputación Provincial como ás do propio Concello. Por elo voltamos a ROGAR que se realicen esas limpezas a maior brevidade posible. Tamén suxerimos o equipo de goberno que faga un mailing con destino ós propietarios das fincas que lindan coas estradas para que sexan eles os que se encarguen da limpeza das mesmas, de forma regular.
5. Remataron as festas do San Xoan de Covas e de novo o aparcadoiro donde se fan as mesmas quedou a oscuras, por elo ROGAMOS o goberno municipal faga as xestións pertinentes para poñer algún punto de luz nesa zona.
6. No pleno de Setembro de 2011 presentábamos o pleno dende este grupo municipal unha moción sobre a creación dunha area etnografica no Souto da Retorta, aprobada por unanimidade, en donde se instaba á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia a facer unha área etnográfica en condicións, cun mantemento continuado e permanente dese espazo, coidando a limpeza, o adecentamento da entrada ao lugar, colocación de carteis coas especies abóreas, limpeza do río Landro, colocación de papeleiras e así mesmo, no sitio da minicentral a colación dun espazo acristalado para ver o seu interior. ROGAMOS o equipo de goberno nos informe si por parte da Xunta de Galicia houbo resposta e si se fixo algunha actuación das solicitadas, e se existe algun tipo de vixilancia nese entorno, que lembremos está catalogado como Monumento Natural, Rede Galega de Espazos Protexidos, pertenecente a Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente, Dirección Xeral de Conservación da natureza para evitar actos como os das últimas pintadas no “avó”.
En Viveiro, a 27 de Xuño de 2014
Asdo: Guillermo Leal Arias



















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



