LUGO, 9 DE XUÑO DE 2014.- Os alcaldes e voceiros socialistas presentarán nos 67 concellos unha moción conxunta, a través da que pedirán á Xunta de Galicia a adopción das medidas necesarias para a modificación da Lei 9/2014, de 19 de decembro, do Emprendemento e da Competitividade Económica de Galicia, eliminando do seu texto o artigo 41, apartado C, no que se refire á obriga das comisións de festas de obtención de licenza para a celebración de festexos populares.
Os socialistas levarán este asunto aos respectivos Plenos pois, tal e como indica o dirixente do Partido na provincia –Juan Carlos González Santín-, “esta é unha mostra clara dunha disposición legal innecesaria que, como nos ten acostumados o Goberno galego con moitas das súas normas, non só non resolve problema algún, senón que directamente crea un de enorme trascendencia”. Proba delo, asegura o secretario provincial é que afecta directamente, “e dun xeito moi negativo”, ao labor que desenvolven estas organizacións, xa que se ven obrigadas a levar a cabo uns trámites administrativos complexos e custosos diante dos concellos á hora de organizar, “dificultándolles así o seu traballo que, xa de por si, é complicado”, afirma o socialista.
Trámites excesivos e complexos
As comisións de festas teñen sido historicamente en Galicia o instrumento que tradicionalmente teñen creado os veciños para organizar os festexos das súas parroquias ou barrios. Calquera que tivera contrato cunha delas “sabe o moito esforzo e altruísmo que aportan os seus compoñentes á hora de facer realidade as necesidades dos seus pobos, sendo un exemplo claro de colaboración e participación cidadá á hora de atender demandas colectivas”. Por este motivo, González Santín critica decididamente “a excesiva burocracia e a complexidade do proceso imposto polo Executivo de Feijóo”.
Basta con dicir, subraia, que se lles obriga a presentar un proxecto, asinado polo técnico competente, no que se determine o axuste das festas á normativa urbanística e sectorial, e que estableza determinacións sobre prevención e seguridade en incendios. Os organizadores tamén teñen que presentar, entre outra documentación, un plans de emerxencias e de auto-proteción, así como un estudo de mobilidade xerada, de impacto acústico e de asistencia sanitaria.
Descoñecemento da Xunta
“Nin que dicir ten que a Xunta de Galicia ao impoñer estas obrigas, manifesta o seu descoñecemento da realidade das festas galegas, así como do xeito de organizarse e traballar das comisións veciñais, poñendo en perigo a continuidade destes actos populares”, afirma o secretario provincial.
E é que máis alá deste inxente prexuízo aos cidadáns, non é menor o problema que se lles causa aos sectores profesionais que se moven ao redor: orquestras e grupos musicais, axentes de espectáculos, feirantes, hostalería, etc. Só no mundo do espectáculo estes festexos manteñen 4.000 empregos en Galicia.
Por último, conclúe o socialista, “non podemos menosprezar os efectos negativos que xera esta norma aos gobernos municipais e ás súas estruturas administrativas, que se están vendo obrigados a aplicar unha disposición a todas luces innecesaria e impopular, cargándose, en tempos de penuria das arcas municipais, de máis traballo e custos”.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



