O Grupo de Teatro Xuvenil “A Maseira”, dos concellos de Alfoz e O Valadouro chegou xa ó seu terceiro ano de existencia. Agora, a finais do presente mes de xuño, estreará a que será a súa quinta obra, a titulada “A invasión dos galiñomes”. Nesta obra participan 16 alumnos da ESO do instituto Alfoz-Valadouro, dirixidos por Mirta García, Suso Rubio e Pepe Peinó. A estrea terá lugar o vindeiro sábado, día 28 de xuño, ás 20,00 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura “Manuel Lourenzo”, do Valadouro. Logo, ó seguinte sábado, o día 5 de xullo, tamén ás 20,00 horas, a obra repetirase na Casa da Cultura de Alfoz.
Tres anos do grupo de teatro xuvenil A Maseira
Tres anos do grupo de teatro xuvenil A Maseira
Relacionado
-
A Gastropraza volverá este mércores ao Mercado de Abastos de Ribadeo
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura