Lugo, 26 de xuño de 2014.- O 4º Surf-Camp organizado pola Deputación de Lugo arranca mañá venres pola tarde no paseo marítimo de Viveiro. Unhas 300 persoas participarán durante toda a fin de semana nas múltiples actividades incluídas no encontro, que terán lugar en diversos puntos da comarca da Mariña. Logo do éxito de edicións anteriores, o organismo provincial reedita o Surf-Camp co fin de consolidar o ocio medioambiental como oportunidade económica da Costa lucense e do resto da provincia. As prazas desta 4º edición están cubertas para o sábado. Queda soamente un 10% libre para a sesión do domingo. Os interesados poden anotarse chamando ó número de teléfono 633-859-227.
Este ano, duplícase a formación gratuíta da man de profesionais do surf en España, ofrecendo por vez primeira distintos niveis segundo o grao de coñecemento, e increméntase o número de prazas, tamén a custe cero, para todas as actividades incluídas no programa.
Os mellores surfers de Europa
O Surf-Camp reunirá unha vez máis á elite de toda Europa desta modalidade deportiva, o que converterá á Mariña na capital do surf durante a última fin de semana de xuño. Algúns dos mellores surfistas europeos teñen confirmado a día de hoxe a súa participación nas xornadas, durante as que ensinarán, de xeito totalmente gratuíto, a todo aquel que o queira as súas técnicas e coñecementos. Entre eles atopamos a deportistas como:
Estitxu Estremo: surfista de elite que dende o ano 2000 foi tamén monitora en escolas de renome do panorama nacional; membro da Selección Nacional Absoluta dende o 2000 ó 2005; e campioa de Europa Absoluta de Surf e Longsboard, nos anos 1997-1999 e 2010, respectivamente.
Aitor Francesana: seleccionador nacional e surfer con un grande espírito de superación xa que experimenta as olas e o mar a través de sensacións e emocións, debido á perda de visión que sofre. Foi tamén preparador do primeiro español en clasificarse ó WCT, Aritz Aramburu.
Luis Rodríguez: o 2º surfista galego máis laureado dos últimos tempos, premiado ó mellor Wipeout durante o Punta Galega EVE Challenge 2012.
Daniel García: surfista veterano, avalado polos 30 anos que leva surcando as olas. Imparte clases na súa propia escola en Cantabria e foi vencedor da primeira proba combinada de surf e snowboard celebrada na comunidade cántabra o pasado ano, o “Obsession–A2 Fussion 2013”.
Haberá tamén representantes de federacións e asociacións de surf, así como medios especializados neste deporte, atraídos polo número de surfistas do máis alto nivel que se concentrarán na Mariña. Se ben Galicia acolle campionatos de nivel, esta é a única ocasión na que calquera pode surfear da man de profesionais destacados e recibir as súas ensinanzas, polo que se trata dun evento único na comunidade galega.
Propostas para toda a familia
As xornadas do Km0 Surf-Camp inclúen actividades libres e gratuítas pensadas para toda a familia, como paseos en skate eléctrico, segway, longskate, exhibicións e música. A programación é a seguinte:
Venres: A xornada comezará ás 16:30 horas con multitude de actividades como simulador de surf, percorridos en skate eléctrico e longskate e que se estenderán ata ás 19:30 horas. Unha hora antes, ás 18:00 horas será a inauguración do Surf Camp no paseo marítimo de Viveiro e terá lugar unha charla coloquio sobre o mundo do surf no salón de actos do Concello.
Sábado: A xornada arrancará ás 11:00 horas, cando se impartirán os primeiros cursos de surf dirixidos a todos os niveis, na praia de Lóngara en Barreiros. Logo, ás 14:00 horas terá lugar unha comida popular na praia e, pola tarde, a partir das 16:00 horas, os cursos de surf continuarán na praia de Barreiros.
Domingo: Entre ás 12:00 e ás 14:00 horas, os mellores surfistas de Europa, acompañados de monitores, ensinarán a surcar as olas a todos aqueles que o desexen na praia focense da Rapadoira. Despois, ás 14:00 horas será a entrega de premios.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



