Barreiros, 13 de xuño de 2014. O sexto encontro no Eido Dourado será o 28 de xuño e contará coa presenza da cantante galega Uxía Senlle, segundo daba a coñecer no día de hoxe o artista barreirense Celso Dourado.
Dourado contou que “o sexto encontro no Eido Dourado vaise celebrar o vindeiro 28 de xuño a partir das oito da tarde. Terá lugar, como sempre, nos xardíns que rodean o Eido, á carón da praia da Pasada, en San Miguel de Reinante (Barreiros)”.
A estrela convidada este ano é Uxía Senlle: “xa quedaramos outros anos, pero polo calendario tan apertado que ten esta muller non puido ser e neste pasado inverno buscamos a data para que estea con nós a voz senlleira do noso país: Uxía Senlle, que vai ser a grande protagonista do apartado musical do sexto encontro”.
Celso Dourado engadiu que “case tódolos anos nos encontros do Eido Dourado procuramos adquirir unha escultura e ese día inaugurala. Este ano vai ser dun moi recoñecido escultor da comarca do Bierzo: trátase de Domingo, que fixo para o Eido unha escultura moi simbólica, en madeira, e o 28 de xuño vai estar con nós para inaugurala no entorno onde vai estar situada. Nestes momentos precisamente estamos a acometer a instalación. Domingo vai ser presentado por outro escultor, o coñecido artista lucense Paco Pestana, que cooficiará de mestre de cerimonias”.
O artista barreirense indicou que “o encontro, que sempre facemos o último sábado de xuño, é un pouco o punto de partida da nova tempada do Eido Dourado. Xunto con Uxía van estar outra serie de artistas, tanto do mundo da música como do teatro e da poesía, que van facer que sexa unha tarde agradable. A partir de aí iniciarase a nova tempada de Eido Dourado e aproveitaremos para facer os concertos ao solpor, que sempre temos os domingos tanto de xullo como de agosto. Estamos cerrando a programación cultural correspondente a esta tempada no Eido Dourado”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



