Foz, 17 de xullo de 2014. A cuarta edición da Festa Normanda de Foz celebrarase do 22 ao 24 de agosto. Foi presentada hoxe e inclúe novidades como unha ludoteca gratuíta para os fillos dos asistentes ao evento. Está organizada pola asociación Desembarco Normando co apoio do Concello de Foz.
O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, destacou que “é unha festa que, por méritos propios, se está a converter nunha das máis populares de A Mariña de contido histórico. Estou moi contento de que a comisión estea máis formada cada vez por máis xente que participa e que quere a Festa Normanda. Queremos que o obxectivo sega sendo recordar a lenda do Bispo Santo, unha lenda milenaria no noso concello. E, dende logo, vendo as tres anteriores edicións, esperamos que sexa un dos momentos máis importantes do verán de Foz. A organización está sendo moi boa. Hai novidades e estamos moi felices de que haxa moita ilusión por parte da comisión da festa, que ten o apoio total por parte do Concello de Foz.
O rexedor engadiu que “será os días 22, 23 e 24 de agosto, o penúltimo fin de semana do mes, e repetiranse moitos dos actos que se levan facendo ultimamente, aínda que tamén haberá novidades moi bonitas. Animamos a todo o mundo a que vaia preparando a súa vestimenta e é moi importante que se siga mantendo, como quere a comisión, ese rigor histórico no vestiario. Non se trata de disfraces, senón de caracterizacións baseadas no rigor e na historia do noso concello, que é moi longa. Esta é unha festa que nos ven moi ben para recordar a traxectoria histórica que ten San Martiño de Mondoñedo en toda A Mariña”.
O presidente da asociación Desembarco Normando, Pablo Fraga, anunciou que “o venres ás 12 da mañá abrirase o mercado e haberá bares situados pola zona portuaria para comer, tomar algo e andar de festa ata o domingo. O venres ás oito e media da tarde temos o pregón, que correrá a cargo de Manuel Alberto Fraga. Ademais Peinó está elaborando unha obra para representar no Bispo Santo e cando acabemos, sobre as dez e media da noite, baixaremos para a rúa Álvaro Cunqueiro, onde faremos unha cerimonia de pacificación e alí haberá un concerto a cargo de Tumba e Dalle. Os hostaleiros desa estrada Álvaro Cunqueiro van sacar barras e mesas á rúa e poderase cear alí. Despois seguirá a festa ata as dúas ou as tres da madrugada”.
Pablo Fraga engadiu que “o sábado é o día do Desembarco, que será ás dúas menos cuarto da tarde e durará sobre media hora. Despois iremos comer, pois haberá zona de restaurantes no porto aparte de todos os bares de Foz que ese día estarán preparados para comer. Como novidade a Festa Normanda ofrece unha ludoteca gratuíta para un máximo de 60 nenos na zona do porto, para que quen queira poida deixar alí os nenos e irse por aí. Na ludoteca terán os mesmos xogos que hai para os maiores na festa, aínda que axeitados ás idades dos nenos e rapaces. Tamén teremos a típica carreira de barrís, que este ano facemos tamén para xuvenís, e o lanzamento de pacas. Despois, ás doce e media da mañá, os grupos que van con tambores e outros instrumentos xuntaranse todos e irán tocando unha marcha fúnebre ata a zona da Rapadoira, onde vamos facer un funeral viquingo: poñeremos un barco da zona da Rapadoira, uns arqueiros van disparar unha frecha con lume e arderá; faremos unha cerimonia, haberá un baile e será o fin do día”.
Para rematar o presidente da organización explicou que “o domingo pola tarde temos o desembarco infantil, que será sobre as cinco. Faremos a cucaña ás cinco e media, con máis xogos infantís e xuvenís. Tamén haberá vodas viquingas e ás nove da noite daremos os premios de todos os xogos na praza Conde de Fontao. E para, axudarnos a financiar esta festa, temos o sorteo dun cruceiro a Casablanca, entre outros sitios, para o que estamos vendendo rifas. O sorteo será ás dez da noite ata que toque”.





















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



