Cervo (Lugo), 30 de xullo de 2014.- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez, e o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense, Alfonso Fuente Parga, acompañados da delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, rubricaron este mércores un acordo de colaboración para a promoción turística da Mariña. O acordo, que ten un importe global de 115.032,50 euros –dos que Turismo de Galicia achega 100.032,5 euros e a Mancomunidade a cantidade restante- recolle actuacións como a potenciación de produtos turísticos innovadores e caracterizados pola sustentabilidade e a creación de novos produtos baseados nos recursos naturais do destino; así como para a formación de actores turísticos na mellora continua da calidade do servizo.
No marco da consolidación de produtos turísticos traballarase nas Rutas da Artesanía na Mariña Lucense; na organización do Mes da Maxia na Mariña e na organización de actividades de promoción do Camiño de Santiago Norte. No relativo á creación de novos produtos turísticos incidirase no Turismo de Natureza; e no tocante á formación incidirase na coordinación de axentes turísticos e na formación de grupos de traballo.
Segundo destacou a directora de Turismo de Galicia, a internacionalización do destino avanza positivamente, tal e como se reflicte nos últimos datos feitos públicos polo INE sobre a ocupación turística da zona. A cifra de viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros da Mariña Lucense no mes de xuño incrementouse un 11,6% a respecto de xuño de 2013. A cifra de pernoitas subiu tamén un 12,1% e a estadía media aumentou un 0,4% nese período. Ademais no mes de xuño a cifra de viaxeiros nacionais medrou un 9,8% e a de pernoitas nacionais medrou un 11,6%. A cifra de viaxeiros internacionais tamén experimentou unha suba do 20,7% a respecto de xuño do ano pasado. As pernoitas de viaxeiros internacionais subiron nese mes un 15%.
No tocante aos datos de acumulado dos seis primeiros meses, os viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros da Mariña medraron un 17,2% e as pernoitas un 15,5%. Os viaxeiros internacionais medraron un 13,4% e as pernoitas de turistas estranxeiros, un 29,6%. As pernoitas nacionais tamén medraron entre xaneiro e xuño con respecto ao primeiro semestre de 2013, un 13,5% e os viaxeiros nacionais medraron un 17,8%.
Potencial para a creación de produtos singulares e para a internacionalización
Segundo a directora de Turismo de Galicia, “A Mariña Lucense é un destino diferencial cunha natureza singular e cun enorme potencial de desenvolvemento turístico”. Nava Castro explicou tamén que recentemente, desde Turismo de Galicia se levou a cabo en colaboración con Renfe a iniciativa de poñer en marcha o Tren Turístico dos Faros. A Ruta dos Faros de Galicia é un percorrido turístico en tren que permite descubrir os recursos desta zona de modo moi singular.
Para visitar os diferentes enclaves os viaxeiros seguen un programa de excursións realizadas en microbuses especiais que saen dos apeadoiros do tren. A ruta dispón dun guía especializado que amósanos este destino onde a preservación ambiental, territorial, paisaxística e patrimonial está moi presente.
Ademais, incidiu na gran potencialidade dinamizadora da Ruta Xacobea ao seu paso polo territorio. Así, segundo dixo, no que vai de ano, 6.492 peregrinos percorreron o Camiño do Norte para recoller a súa Compostela na Oficina de Acollida ao Peregrino de Santiago, isto é, aproximadamente un 6,6% máis. En total, 118 mil peregrinos percorreron neste 2013 as Rutas Xacobeas, un 8,4% máis que no mesmo período do ano pasado. Deles, preto do 55% son estranxeiros.
Tamén lembrou a directora de Turismo que este ano se celebra o VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís con múltiples eventos expositivos e congresuais. Un deles foi a Travesía Náutica Xacobea, que partiu do porto de Ribadeo e que sucou as augas da Mariña na súa peregrinación náutica ata as Rías Baixas. “A Travesía serviu tamén para difundir a nivel internacional as potencialidades da Mariña para a práctica de deportes náuticos”, explicou. Nava Castro engadiu que a internacionalización, promoción e difusión dos recursos singulares, así como a posta en valor dos elementos diferenciais da zona contribuirá a consolidar e a desenvolver na Mariña un destino turístico competitivo e innovador que medre de xeito sostible e preservando a esencia e a autenticidade que a caracteriza.
Tras o acto de sinatura, a directora de Turismo e a delegada territorial e o presidente da Mancomunidade realizaron unha visita ao obradoiro do carpinteiro de ribeira Francisco Fra, en Cervo.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



