Burela, 30 de xullo de 2014. A oficina de turismo de Burela abriu este mércores as súas portas e así seguirá durante todos os días da semana ata mediados de setembro. A concelleira de Cultura, Mónica Pedre, tamén anunciou que o barco museo Reina del Carmen estará aberto as fins de semana e que haberá un servizo de visitas guiadas á igrexa da Vila do Medio.
A edil popular relatou que “a oficina de turismo de Burela abriu hoxe e estará aberta, como mínimo, ata mediados de setembro. Ata o de agora a información aos turistas estábase a dar no Concello e vaise a seguir dando alí, sen ningún tipo de problema, ao igual que se fai durante todo o ano. A oficina de turismo tamén estará aberta as fins de semana”. Mónica Pedre dixo que “ademais o que fixemos foi adoptar unha fórmula para que o barco museo Reina del Carmen tamén estea aberto durante as fins de semana, nos mesmos horarios que ten durante a semana. O barco ten uns horarios coma calquera museo e o que imos facer é abrilo tamén as fins de semana”.
Pero hai máis novidades no ámbito turístico en Burela: “tamén habilitamos outra fórmula para contar con unha ou con dúas persoas que sirvan de guías a visitas organizadas á igrexa do Vila do Medio. Alí non pode haber unha persoa permanentemente porque ao mellor pasa un día sen recibir nin unha soa visita e iso non é operativo. Todas estas cuestións se canalizarán desde a oficina de turismo e desde o propio Concello”.
Pedre engadiu que “aínda recoñecendo que estas medidas se adoptan tarde, a oficina está aberta, o barco museo abrirá tamén durante as fins de semana ata mediados de setembro e activamos unha fórmula para facer visitas guiadas á igrexa de Vila do Medio, sen molestar ás veciñas que de forma completamente desinteresada ensinaban esta instalación. A elas estámoslles eternamente agradecidos, por facer ese traballo de forma completamente desinteresada. Sabemos que o seguirán a facer, pero nós tiñamos que adoptar algunha fórmula para que isto non sexa habitual”.






















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



