Lugo, 1 de xullo de 2014.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo e secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro, vén de salientar a decisión do Goberno galego de poñer en marcha un programa innovador que combina formación e emprego, e que vai destinado aos mozos e mozas en paro, menores de 30 anos, e con baixa ou nula cualificación profesional
Esta iniciativa denominada Programa Forcon que chegou a beneficiar a uns 300 mozos e mozas na anterior convocatoria –no ano 2013– volve a convocarse, unha vez máis, centrada en servir de apoio para a inserción laboral dun dos colectivos que presenta maiores dificultades á hora de atopar un emprego, isto é, aqueles que teñen baixa cualificación profesional, carecen de estudos ou non dispoñen da titulación axeitada.
O dirixente popular explicou que a provincia de Lugo será unha das áreas de execución prioritaria deste programa o que permitirá a todos aqueles que cumpran os requisitos para formar parte do mesmo, participar tanto na fase de formación como na posterior fase de contratación naquelas empresas que poidan estar interesadas en colaborar.
FASE FORMATIVA
No que se refire á fase formativa, os participantes poderán formarse en especialidades formativas vinculadas a sectores laborais estratéxicos tales como: a economía verde (enerxías renovables, preservación medioambiental…); economía da saúde (servizos á terceira idade, atención á dependencia); e economía do coñecemento (TIC, audiovisual e cultura, biotecnoloxía…).
A formación estará vencellada á obtención de certificados de profesionalidade, que terán validez en todo o territorio nacional. Poderán participar nestas formacións aqueles mozos e mozas que non teñan formación académica ou ben que sexan titulados en educación secundaria obrigatoria. Os cursos impartiranse en centros públicos de formación profesional dependentes da Consellería de Traballo e Benestar e de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
FORMACIÓN PRÁCTICA
Tras rematar o período de formación, os participantes deberán realizar unha fase de prácticas en centros de traballo, como primeiro achegamento ao mercado de traballo. Este módulo –que durará 6 meses- realizarase en empresas do sector, seleccionadas pola Administración para participar no proxecto.
Durante esta etapa, o alumnado estará vinculado contractualmente coa empresa, con cotización á seguridade social, e as condicións laborais serán as establecidas no convenio colectivo de aplicación. A empresa contará cun incentivo público á contratación temporal, que ascenderá a 2.500 euros. No caso de que estes contratos temporais fosen despois transformados en indefinidos, ao rematar a vixencia do mesmo, a empresa tería dereito a unha axuda complementaria de 2.500 euros.
Balseiro salientou, en definitiva, que estamos a falar dun programa que permitirá mellorar a cualificación dos mozos e mozas desempregados, ao tempo que lles facilita unha primeira inserción no mercado laboral.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



