Coma en anteriores ocasións e dentro da celebración do Curso Interdisciplinar de Música, celebrouse na tarde do mércores, 2 de Xullo, o concerto de cámara a cargo dos alumnos das diferentes especialidades, con obras de Romberg e Mozart entre outros autores.
Para o peche de dito curso, o xoves ás 20:30 no Auditorio da Casa da Cultura de Burela, celebrarase un concerto no que levarán o peso as agrupacións de coro e orquestra que interpretarán repertorio pertencente a diversas óperas, tanto de xeito independente coma conxuntamente.
E, na segunda parte deste concerto representarase (en versión concerto) a obra “A Viaxe de Brandán”, que foi estreada o pasado verán en Burela con motivo da Festa Castrexa. Esta obra é unha composición baseada no libreto do lucense Xoán Rompe, con lírica de Xulia Nogueira e música de Xan Carballal.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



