Levamos varios meses escoitando aos políticos do PP repetir a propaganda de que o país está en recuperación. Levamos moito tempo (tanto como o que dura a crise) escoitando toda clase de escusas ao político de turno para xustificar a súa incompetencia e o desastre cada vez maior que estamos sufrindo, e cando a realidade pégalles na cara coas eleccións europeas, adícanse a facer o ridículo unha e outra vez con declaracións esperpénticas.
Pois si, moita xente que coñezo votou a Pablo Igrexas, e non son ningun Friki, nin bicho raro, nin antisistema, nin filoetarras ou calquera das outras gilipolleces que os que mandan dixeron, pois o son.
Pero hoxe chegoume ao correo unha imaxe que me impactou, e mais logo de ler fai uns días o “truco” da pastilla de caldo co que algunhas familias aportan algo de proteínas ás dietas alimenticias dos seus fillos.
Facía tempo que non me deran con a penosa realidade na faciana, pero ao ver esta imaxe xurdiume a necesidade de falar do asunto e moi cabreado.
Estamos gobernados por auténticos incompetentes, e as consecuencias dos seus actos iranse facendo cada vez mais visibles, ata o punto de que si non se pon remedio á pobreza canto antes, a sociedade acabará estalando por algún lado. Todo isto recordoume á mítica portada do New York Estafes sobre a pobreza en España, onde facía unha fotografía a unha persoa que buscaba algo nun contenedor de lixo. Aínda que dita fotografía tamén ten un pouco de demagoxia vindo de Estados Unidos por que alí, por moito que algúns queiran negalo, tamén hai unha bolsa de pobreza monstruosa.
Logo sorprenderanse cando Podemos, IU ou calquera outro partido cun mínimo de realismo entre os seus dirixentes mándelles á súa casa nas seguintes eleccións.
Otero Regal.