Un dos retos principais do Partido Popular é liderar o impulso para a mellora da calidade da nosa democracia. Para iso estamos dispostos a suscitar debates sobre o mellor xeito de achegar a democracia aos cidadáns, en temas clave como a redución de deputados, a revisión dos aforamentos ou a elección directa dos alcaldes. Isto demostra que no PP non estamos instalados no inmobilismo, senón que somos un partido reformista, que entende e aborda as cuestións que lle preocupan á cidadanía.
O PP pon sobre a mesa unha reforma electoral para que goberne o partido máis votado. Con esta medida, aquel que gañe as eleccións obterá a alcaldía. Esta iniciativa non nace do oportunismo, senón co obxecto de garantir que a vontade dos cidadáns teña o seu reflexo nos gobernos locais. Falamos dunha proposta impecable en termos democráticos, que conta cun amplísimo respaldo entre a cidadanía.
Somos moitos os que pensamos que carece de toda lóxica democrática que goberne un partido que non gañou as eleccións. De feito hoxe, en moitos concellos, hai unha situación anómala: Non pode ser que a un partido que lle falten un puñado de votos para a maioría absoluta sexa desbancado por coalicións interesadas de tres e catro diferentes. Isto é deformar a vontade dos veciños, que se quixesen esa coalición, teríano demandado con carácter previo. Os veciños non votan coalicións que non existen ou que se negan durante as eleccións, senón listas electorais. Os que queiran coligarse que o fagan previamente, que expoñan o seu programa aos veciños e que estes elixan, pero que non se roube o seu voto.
Hai quen cualifica esta iniciativa de pucheirazo cando o verdadeiro atropelo é o que acontece na Deputación de Lugo, onde PSOE e BNG sumados teñen 3.216 votos menos que o PP e, pese a iso, gobernan. A nivel municipal acontece máis do mesmo e en Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo hai gobernos que non representan á maioría dos seus cidadáns, porque en todas estas cidades gañou o PP e non puido gobernar por poucos votos. En Lugo, por apenas 400.
Este é ademais un modelo plenamente democrático. O sistema de representación maioritaria existe en países como Francia, Reino Unido ou Italia e, polo tanto, é tan legal e lexítimo como o de representación proporcional. Tamén en España que goberne o máis votado é un uso democrático que temos instaurado nas Cortes xerais e que o propio PSOE propuxo no seu programa electoral en 2004. Trasladalo aos municipios non debería estrañar a ninguén.
Entendemos que os perdedores das eleccións se opoñan. Entendemos que non sexan valentes os que perderían a maior parte das alcaldías. Pero os que perverten o xogo democrático son, precisamente, os que impiden que gobernen aqueles que gañan as eleccións, esquecendo que son os cidadáns os que deciden e non pactos nos despachos.
Jose Manuel Balseiro Orol



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



