O Seminario Estudos Terras de Viveiro e o Concello de Foz organizan o foro “Días de Mar” que se desenvolverán no Cenima de Foz dende o mércores 30 de xullo ata o sábado 27 de setembro. O programa recolle os relatorios: A PESCA NA MARIÑA, por Carlos Nuevo Cal, Cronista oficial de Viveiro, o mércores 30 de xullo ás 20.30 horas; PROBLEMÁTICA ACTUAL DA PESCA, por José Pino González, Capitán de Pesca, o sábado 9 de agosto ás 12.00 horas; BITÁCORA DE NAVEGANTE, por Andrés Díaz Ferro, Práctico de Porto e Capitán da Mariña Mercante, o sábado 30 de agosto ás 12.00 horas; UN MAR DE CULTURA, por Vicente Míguez Salgueiro, mestre e escritor, o sábado 13 de setembro ás 12.00 horas; e CONSTRUCCIÓN DUNHA COMUNIDADE MARIÑEIRA, por José Manuel Montero Llerandi, profesor de Antropoloxía da Universidade Nacional de Educación a Distancia, o sábado 27 de setembro ás 12.00 horas.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



