Mondoñedo, 30 de xullo de 2014. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, participou este mércores na presentación da XXIII edición do Mercado Medieval de Mondoñedo, unha cita que organiza o Concello de Mondoñedo en colaboración coa institución provincial, que se celebrará os días 8, 9 e 10 de agosto na cidade histórica. Na presentación tamén estiveron o alcalde de Mondoñedo, Orlando González, o concelleiro de Cultura, Xusto Fernández, así como varios compoñentes da asociación “Amig@s do mercado de Mondoñedo”, que tamén colabora na organización.
Durante a súa intervención, Antonio Veiga fixo referencia a que “xa son dúas as décadas recuperando a historia, recuperando parte da nosa memoria, nun escenario que non podía ser mellor que a cidade de Mondoñedo para recrear o que foi o noso pasado”.
“Desde a área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, como todos os anos, colaboramos co Concello de Mondoñedo, para levar a cabo unha cita que se ten convertido nun auténtico escaparate que permite aos artesáns amosarnos o seu traballo, e no que aqueles que se acheguen ata Mondoñedo a segunda fin de semana de agosto, xente da comarca e turistas, poderán non só coñecer, senón tamén adquirir os nosos produtos tradicionais e agrícolas”, precisou o vicepresidente da Deputación.
Diversas escenificacións, personaxes caracterizados animando as rúas, demostración e venda de produtos artesáns de forxa, canteira, fiandeiras, palilleiras, zocas e coiro, e venda de produtos típicos da terra; exhibicións de cetrería, xogos populares, degustacións gastronómicas gratuítas, exposicións de aves rapaces, pasarrúas e actuacións musicais encherán de festa e historia a cidade de Mondoñedo ao longo de tres días.
Tanto o vicepresidente da Deputación como o alcalde de Mondoñedo animaron tanto a mariñás e mariñáns como a foráneos a disfrutar dunha fin de semana de recreación histórica na que as rúas máis céntricas de Mondoñedo se converterán nun auténtico escenario do medievo.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



