07-07-2014.- Espazo Ecosocialista Galego quere manifestar publicamente a súa satisfacción pola decisión inapelable do Tribunal Supremo de anular as axudas públicas que a Consellería de Educación da Xunta de Galicia concedeu a cinco centros privados de titularidade do OPUS DEI contra a opinión unánime da comunidade educativa galega e dos órganos de participación da mesma.
En opinión de Espazo, “rectifica desta maneira o alto tribunal unha sentencia previa do TSXG que avalaba a financiación pública de centros educativos segregadores da coñecida como “educación diferenciada” e acepta a demanda interposta pola CIG Ensino en recurso de casación que impugnaba a Orde da Consellería do ano 2009”.
Espazo manifesta que o Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, Jesús Vázquez Abad,”si tivera un mínimo de dignidade, tería que ter presentada xa a súa dimisión, pois son xa demasiadas sentenzas as que impugnan as súas actuacións políticas nos últimos anos”.
A coñecida como “educación diferenciada”, unha teoría pedagóxica non demostrada, de aires profundamente elitistas e neoconservadores, estase a aplicar nalgúns ámbitos do mundo educativo anglosaxón, e establece unha coartada ideolóxica para discriminar ó alumnado, separalos por sexos, coa escusa dun mellor rendemento académico, esquecendo que unha das funcións básicas da educación é a socialización e a coeducación, a convivencia en igualdade, unha conquista democrática impulsada desde os movementos de renovación pedagóxica, superadora das etapas vividas e sufridas por varias xeracións durante a ditadura franquista e que separaba e discriminaba ó alumnado en razón do seu sexo.
Manuel Dios, responsable institucional de Espazo, sinala que “precisamente o que resultaba máis intolerable era a financiación pública -con diñeiro de todas e de todos- dun modelo educativo para uns poucos, moito máis grave aínda nun momento de fortes recortes no ensino público galego, tanto en profesorado como en recursos, á cabeza do conxunto do Estado”.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



