Adoitan dicir os alumnos fronte ás leccións de Historia: “Para que nos serve todo iso? Son cousas do pasado que están mortas!”. A xente de idade, porén, acostuma contar historias de hai moitos anos, dándolles un gran valor, así que é de supoñer que as cousas do pasado de algo servirán, digo eu. No fondo, a todos nos gusta saber de onde vimos, cal é a nosa orixe (unha das tres preguntas transcendentais, xunto coa de “quen somos?” e “a onde imos?”), e a todos nos gustaría ter a posibilidade de poder viaxar no tempo e non só prever o que vai pasar dentro duns anos, senón tamén contemplar in situ o que pasou tempo atrás. Porque o pasado, e en especial certas épocas, teñen enganche para nós, tiran do noso interese con forza inusitada. Os de Alfoz e Mondoñedo escolleron viaxar ata o medievo e vestirse de cabaleiros, doncelas, monxes ou leprosos; os de Viveiro regresaron á época de Leonardo da Vinci e Erasmo de Rotterdam; os de Burela máis atrás, ata as míticas orixes de Galicia; en Foz recrean as medrosas invasións dos guerreiros normandos que chegaban matando e roubando dende as terras frías do norte; en Ribadeo recuperan a época en que algúns emigrantes galegos regresaban enriquecidos de facer as Américas e construían fermosas mansións de estilo indiano; en Ferreira do Valadouro, no Mercado de Primavera, volven vivir a época en que o traballo da terra aínda era habitual e xeneralizado… Non hai moito caeu nas miñas mans o libro “Yo fui a E.G.B.”, unha memoria chea de detalles sobre a vida diaria dos nenos dos anos oitenta que encheu de sorrisos e de nostalxia a miña memoria. Todo isto son regresos ó pasado, recordos de imaxes, roupas, músicas, cheiros e sabores que caracterizaron coas súas peculiaridades etapas da vida e da historia xa rematadas. Aínda que non sexa verdade, sempre semella que as cousas pasadas foron mellores. Eu aconsello que nos fixemos moito en como vivimos agora, que gravemos na nosa memoria os pantalóns vaqueiros, as camisetas, os móbiles, os portátiles, a celebración de botellóns, os piercings… Dentro dalgúns anos (non moitos) todos eses detalles nos servirán para recordar e debuxar outra páxina do pasado, outra época da historia (a que agora é actual) e entón talvez volveremos sentir nostalxia do que estamos vivindo agora.
Pepe Peinó.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



