Lorenzo Gonzalez, doutor en Belas Artes, pintor e profesor da Facultad de Bellas Artes de Salamanca, e o poeta Paco Rivas intervirán na inauguración da mostra “Domus, in qua spiritus habitat” de Otero Regal, xunto ao propio autor. A mostra de 20 esculturas e 40 cadros cerámicos permancerá exporta ata o 31 de agosto no Cenima de Foz tras pasar xa pola galeria Annia de Salamanca no mes de abril, Feeding Art de Madrid en maio e Regal Xunqueira en xullo. Posteriormente poderase ver en Barcelona, Madrid, Soria ou Lugo. En Foz tamén se aproveitará para presentar a curta “Terra, auga e lume: Otero Regal”. O acto pecharase cunha degustación de produtos galegos.
Inauguración da mostra de Otero Regal en Foz
Inauguración da mostra de Otero Regal en Foz
Relacionado
-
A Gastropraza volverá este mércores ao Mercado de Abastos de Ribadeo
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura