Toda celebración entrañable ten un compoñente de saudade que fai que a festa se viva con sabor agredoce, ó mesturarse a ledicia do acontecemento cos sentimentos que afloran marcados, sobre todo, por irreparables e dorosas ausencias. Diso saben moito as xentes dos nosos pobos de mar, onde tantos homes perderon a vida e dos que algúns nen sequera se recuperaron os corpos.. As características propias da actividade mariñeira e o alto risco da mesma e, polo tanto, as tráxicas vivencias ó longo dos tempos, fan que as festas do Carme resulten emotivas e nostálxicas. O mar de Foz rexistra como a súa maior traxedia a acontecida ó remate das festas do Carme de 1945 cando o “Jesús Nazareno”, que voltaba de faenar á captura do bonito, naufragou e pereceron os seus doce tripulantes. O escritor e xornalista, don Xosé Trapero Pardo publicaba en El Progreso, o día 20, un reportaxe que comezaba así: “El bello pueblecito costero, al que defienden de los embates del mar los islotes y acantilados del Campo de Ramos y la avanzadilla de la Pena do Escairo, vivió una vez más horas de tragedia, porque el Cantábrico, que en vano intenta cerrar el paso a los marineros de Foz con el peligro perenne, pero siempre nuevo, de la “barra”, se cobró su tributo, millas adentro, en horas angustiosas de galerna. Y el mar, guardador celoso de tantos secretos trágicos, guarda hoy el de la desaparición de la embarcación. En el Campo da Cabana – cuadrilátero que agrupa las viviendas de los pescadores – se esperó en vano el retorno de la lancha y de sus hombres. Pero el “Jesús Nazareno” no podía ver ya los guiños de los faros de Tapia, Vares, San Ciprián, Ribadeo… Y hubo en el pueblecito pesquero llanto en los ojos y duelo en las almas…“ Foz quedou, naqueles tempos miserentos, asolagado de tristeza. Por moitos anos a traxedia, coa morte de doce focegos populares e queridos, que deixaban unha longa ristra de viuvas, fillos, noivas, familiares e amigos, pesou como unha lousa na nosa sociedade. Hai do sucedido xusto 69 anos. Unha rúa, pretiño da Rib eira, perpetúa o dramático recordo…
Suso Fernández

















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



