Burela, 11 de xullo de 2014. O Concello ben de finalizar os traballos de asfaltado con cargo ao Peim 2013-2014.
Segundo explica o concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle, “estas obras contaron cun presuposto de 36.814 euros e consistiron na reparación do cruce de acceso ao Monte Castelo xunto o cemiterio municipal. Alí botouse aglomerado en quente con 12 centímetros de espesor, unha obra moi necesaria xa que esta zona sufre un uso intensivo a diario de tráfico pesado. Tamén se realizaron o asfaltado do Camiño das Ribeiras (Camiño do Digestor), Camiño do Tallo (acceso a Foxo), e o Camiño que vai dende a Gardería ata a vía de servizo da variante”.
O edil popular lembrou que “estas obras foron consensuadas no seu día coa comunidade de montes e coa asociación de veciños O Vencello. Os traballos foron financiados ao 100% pola Xunta. O Concello só se encarga de abonar o IVE”.
As obras realizadas foron visitadas esta mañá polos concelleiros José Casas e Manuel Fernández Valle.