Cervo, 9 de xullo de 2014- O Concello de Cervo continúa coa súa campaña de fomento da compostaxe doméstica, que se inclúe no proxecto municipal para o coidado do noso contorno e medio ambiente. Para iso a administración entregou 20 novos composteiros ao mesmo número de familias. O acto tivo lugar na Casa do Concello e nel participaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, e Plácido Pérez, un veciño con moitos anos de experiencia nesta práctica e que sempre colabora co Concello dando pautas e consellos aos beneficiarios sobre o seu uso.
Hai que ter en conta que o proceso da compostaxe é sinxelo, pero hai algunhas cuestións básicas que se deben coñecer para conseguir un compost de calidade e útil para aboar as terras. Por exemplo, é por todos sabido que no composteiro hai que botar residuos orgánicos, como por exemplo restos de comida, pero non se aconsellan determinados alimentos como peixe ou carne. Tamén é imprescindible colocar o dispositivo nunha superficie de terra, nunca de formigón ou asfalto, e preferiblemente nunha zona con sombra.
Con esta última entrega son xa 130 as familias que recibiron un composteiro nestes anos e, polo tanto, decenas de fogares que reducen o volume do lixo que botan ao contedor, rebaixando tamén os residuos que ten que xestionar Sogama e en consecuencia o custo da recollida para as arcas municipais.
A edil de Medio Ambiente destaca “la buena acogida que tiene este programa de compostaje doméstico ya que todos los meses recibimos peticiones que atendemos periódicamente para que las familias que lo deseen puedan obtener un composteiro y aprovechar sus posibilidades”. Da mesma maneira Alonso quixo agradecer ás familias que practican compostaxe “su actitud respetuosa y cuidadosa con el medio ambiente, contribuyendo a valorizar los residuos orgánicos”.
O obxectivo do Concello é seguir fomentando esta práctica estendendo a compostaxe entre todas as familias que dispoñan dunha horta, un xardín ou un anaco de terreo. Para iso, aquelas persoas que aínda non dispoñan deste dispositivo poden solicitalo na Casa do Concello.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



