Ribadeo, 22 de xullo de 2014.- O Concello atendeu todas as solicitudes das familias que se acolleron ao programa do banco de libros de textos, que un ano máis puxo en marcha a Área de Servizos Sociais.
Segundo explica a concelleira Teresa González Piñeiroa “o venres rematou o prazo para solicitar o material que as familias nos demandaron a través deste programa. Todas as que acudiron a nós para facerse cos libros que @s seus fill@s precisan para o vindeiro curso xa os teñen”. A edil de Servizos Sociais dixo que “sobráronnos libros, temos excedentes de 3º e 5º do colexio Sagrado Corazón e de 4º e 6º do Gregorio Sanz, co que si algunha persoa non ten este material que se achegue ata nós e que nolo comunique”.
González Piñeiroa agradeceu “a colaboración dos colexios con este programa que puxemos en marcha desde o Concello, e tamén a axuda das familias polo interese que tiveron, xa que ademais de doar os libros interesáronse por saber como foi a campaña. Estamos notando que a xente se está a organizar tamén entre si, para que ninguén quede sen libros de cara ao vindeiro curso. Estamos moi satisfeitos co funcionamento do banco do libros de texto”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



