Ribadeo, 16 de xullo de 2014. O Concello comeza a aplicar hoxe a ecotaxa por utilización dos baños na praia das Catedrais. Serán 50 céntimos a cantidade que teñan que pagar os usuarios dos aseos, que irán destinados á contratación do persoal que os atenderá e á conservación ambiental do areal, segundo subliñou o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor explicou que “no día de hoxe, despois de ter transcorridos todos os prazos de exposición pública, iniciamos dende o Concello de Ribadeo o cobro polo uso dos aseos da praia das Catedrais. Polo tanto a partir de hoxe as tres persoas que temos alí contratadas, que están rotando pola mañá e pola tarde todos os días da semana durante a época estival, cobrarán a cantidade de 50 céntimos a cada usuario ou usuaria dos aseos”.
Suárez Barcia dixo que “non é un diñeiro, a recadación total, co que pretendamos eliminar a débeda do Concello de Ribadeo, senón que se trata dunha pequena axuda para intentar paliar o custo que lle ven supoñendo ao Concello precisamente a contratación de todo este persoal para ofrecer un bo servizo: uns aseos impolutos e que sexan como os dun hotel de 5 estrelas, como de feito así son para calquera usuario que vaia a eses servizos. Dada a cantidade inxente de xente que os está usando faise necesaria unha limpeza sistemática, periódica, cada pouca fracción de tempo”.
O alcalde ribadense indicou que “temos o compromiso co Ministerio de Medio Ambiente de, ao final da tempada estival, remitirlle todos os ingresos e gastos que tivemos aquí. Se incluso tivéramos máis ingresos que os custes establecidos deberíamos reinvestilos na mellora da propia praia. Non creo que así sexa dadas as alturas do verán ás que estamos”.
Para Fernando Suárez Barcia “esta é unha boa iniciativa que se ten que seguir complementando con outras, que hai que seguir facendo e traballando para que o areal das Catedrais sexa un sitio onde resulte agradable vir, a onde seguramente van vir neste verán moitas máis persoas das que viñeron o ano pasado e debemos estar en condicións óptimas para ofrecer un servizo axeitado”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



