Este mércores 30 de xullo realizarase o sorteo de 4 entradas individuais e 2 camisteas para asistir ó Tentacle Festival 2014 en Foz o xoves 14 de agosto. Os interesados aínda poden inscribirse para participar no sorteo. Os premios serán entregados durante a presentación do festival o venres 1 de agosto no tres60 Ribadeo. A entrada terá un prezo de 6 euros con dereito a consumición. Participarán Alberto Palacios -Stereo Club Gijón-, Dr. Think -Minuendo Recordings-, e Jacobo da Silva – ADM. Gramophone-.
Aínda faltan arredor de 2 semanas para o Tentacle Summer Littlefest, pero xa se coñecen tamén os horarios definitivos deste festival de música electrónica co que se da continuidade á programación cultural de Foz despois das festas de San Lourenzo 2014.
Deep López abrirá un electro vermú ás 12.00 horas. Funkombo continuará coa música entre as 13.00 e as 14.30 cando Lelé protagonice a última sesión gratuíta entre as 14.30 e as 15.30 horas.
As sesións da Real Party comezarán ás 16.00 con Juan Soto. Didactic e Kiko López poñerán música entre as 17.00 e as 18.30 horas; mentres que ata as 19.45 continuará Manolo Vilouta. Despois, ata as 21.00 horas será a quenda de Mario González. Dr. Think poñerase á fronte da festa ata as 22.15 horas para dar paso a Vitor P, de 22.15 a 23.30 horas e Ino de 23.30 a 01.00 horas.
Xa na madrugada Craig Smith ofrecerá unha sesión ata as 03.00 horas e Jimpster pechará o festival ás 05.00 horas.
Entradas
As entradas para o festival están xa a venda na web do Tentacle, a través de ticketea ou nos establecementos asociados por un prezo de 12 euros:
Ribadeo – Hola Ola
Foz – Longarela Moda , Sensacion Surf, Pulpería Panilla (As Torres), Portovello, Maremasma, A Taberna, Casa Damián e Xoyma.
Lugo – Cinco Vigas e Camaleón Tattoo
A entrada con acceso a zona VIP -baños, barra e son independentes, terrazas cubertas e alcohol premium con aforo máximo de 200 persoas- costa 30 euros.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



