Máis de 100 persoas participaron este xoves nunha noite de observación organizada polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller e que tivo lugar na ribadense praza de España. A actividade enmarcouse dentro do programa das XIV Xornadas de Traballo en Mecánica Celeste que se celebran en Ribadeo. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, tildou de éxito de convocatoria dita observación.
