Lugo, 22 de xullo de 2014.- Os deputados do Partido Popular na Mariña lucense, Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra confirmaron hoxe, logo de interesarse por esta cuestión ante a Consellería de Sanidade, que a semana pasada tivo lugar a Mesa de Contratación previa á adxudicación do Plan Director do Hospital da Costa
“Se están a cumprir, polo tanto, os trámites administrativos comprometidos e que darán lugar á selección da empresa encargada de redactar este proxecto. Un proxecto ambicioso e complexo, como é o Plan Director”
Os parlamentarios explican que o Plan Director é o documento que deseñará a obra de remodelación e ampliación do centro hospitalario da Mariña lucense: determinará as actuacións a executar, os espazos, os servizos a tecnoloxía necesaria.
Balseiro e Vidal Martínez-Sierra xulgan moi positivo que a Xunta desbloquee este proxecto e que se estean a dar os pasos necesarios e imprescindibles para que o gran compromiso do Presidente da Xunta coa comarca poida ser unha realidade.
Oncoloxía tras o verán
“Como xa é unha realidade a obra da nova unidade de oncoloxía”- din desde o PP. Balserio e Martínez Sierra fan referencia ás informacións os responsables do SERGAS confirmaban onte mesmo e nas que indicaban que as obras marchan a bo ritmo e que a previsión é que os pacientes de cancro poidan ser atendidos no Hospital da Costa á volta do verán.
Neste caso concreto, os deputados lembran que é un servizo moi demandado, que evitará desprazamentos e que o propio Partido Popular demandou e impulsou e desde o Parlamento de Galicia e os concellos
“Hai quen día tras día desde algún partido político pon en dúbida os compromisos do Partido Popular co hospital pero feitos son realidades e pronto a finalización da obra de oncoloxía dará e quitará razóns”
Quirófanos e listas de espera
Por outra banda, os populares sinalan tamén que hai dúas novas razóns para felicitarse tras constatar outras dúas novas positivas: a obra de reforma integral dos quirófanos, a primeira nos últimos 28 anos que se levará acabo durante o mes de agosto
E tamén as boas cifras de lista de espera que coñecemos onte: “O hospital atende máis e máis rápido, cos mellores datos da última década. O hospital da Costa é o que máis reduce as súas listas de espera de toda a provincia”.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



