O vindeiro sábado 19 de xullo, a Asociación Pasada das Cabras de Burela vai a facer a RUTA NOCTURNA A SAN CIBRAO. A saída será ás 10 da noite da Praza da Mariña de Burela. Ó chegar a San Cibrao tomaremos unha chocolatada con churros no Restaurante O Noso Lar, totalmente gratuíta para todos os asistentes.
Recoméndase levar chaleco reflectante e linterna. Para participar é imprescindibe anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504 antes do venres 18 de xullo ás 13.00 horas.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



