LUGO, 19 DE XULLO DE 2014.- Os socialistas da provincia elexiron este sábado por aclamación aos 12 representantes que se desprazarán a Madrid a vindeira fin de semana para participar como delegados no congreso federal extraordinario, e no que o PSOE ratificará a Pedro Sánchez como novo secretario Xeral en substitución de Alfredo Pérez Rubalcaba, quen renunciou a seguir á fronte da executiva federal logos das eleccións europeas do pasado 25 de maio. No trancurso do encontro, o secretario Provincial –Juan Carlos González Santín- recoñeceu publicamente o esforzo realizado o pasado domingo pola militancia, e que “nos situou como a provincia galega coa maior porcentaxe de participación no proceso de primarias vivido”.
Tal e como explicou Santín, un total de 11.550 socialistas estiveron chamados a exercer o seu dereito ao voto en Galicia. Destes, finalmente, 7.976 acudiron o pasado domingo ás urnas. Por provincias, a de Lugo foi a que rexistrou a maior participación, pois dun censo inicial de 2.311 militantes, 1.653 elexiron ao novo secretario Xeral, é dicir, o 71,53% dos afiliados nesta provincia participou no proceso de primarias. En segundo lugar, e con tres puntos porcentuais menos que a luguesa, atópase Ourense (1.484 electores; 1.013 votos válidos -68,26%-). No terceiro posto, sitúase A Coruña (dos 4.304 electores, contabilizáronse 2.927 válidos; é dicir, o 68% do total) e, no cuarto lugar, Pontevedra (dos 3.451electores, participaron 2.298 –o 66,59%-).
“Os lucenses acabamos de elexir o cambio, levando a Pedro Sánchez á secretaría Xeral do Partido Socialista. Realmente é un orgullo constatar que o PSOE volve a xerar confianza e a dar esperanza. Este orgullo do que vos falo é o orgullo da dignidade, da responsabilidade”, precisou Santín, ao tempo que destacou que “só cabe un Partido. Creo que o compromiso do novo Secretario Xeral é a de unir a cada militante coa acción común para afrontar os retos que nos esperan e para que a austeridade deixe de ser unha fatalidade, para favorecer a igualdade de oportunidades, para que os nosos fillos teñan un Educación mellor que a que tiveron as xeracións anteriores…. En definitiva, volver a dar en España, en Galicia e en Lugo unha dimesión de crecemento, de emprego e de prosperidade”, afirmou.
Neste senso, e dado que “as eleccións municipais están á volta da esquina”, o dirixente dos socialistas manifestou o seu compromiso para implicar nos comicios de 2015 aos cidadáns dos 67 concellos lucenses, e pediulles aos compañeiros participantes no cónclave provincial que apliquen nas vindeiras eleccións “o mesmo compromiso que o que demostrástedes o día 13, e que o fagades coa mesma exemplaridade”.
“Somos un Partido que suma e non un Partido que resta”
“Coñezo as esixencias. Por iso quero transmitirvos que neste proxecto cabemos todos. Somos un Partido que suma e non un Partido que resta”, afirmou Santín, logo de recoñecer que a “expresión democrática da vontade popular reside, precisamente, en procesos como o que vivimos recentemente e dos que en Galicia fomos pioneiros. Como él mesmo se define, o noso líder galego –José Ramón Gómez Besteiro- é un fillo das primarias, que son respaldadas polo voto libre dos militantes, que son os que deben elexir ao seu Secretario Xeral”. Un proceso, reiterou, “de enorme trascendencia e un síntoma de plena normalidade, tanto en Galicia como en España, que establece mecanismos de substitución e relevo que garanten a continuidade democrática”.
“Só novos pilotos nos levarán a novos horizontes”
Por este motivo, o secretario Provincial amosouse convencido de que “só novos pilotos nos levarán a novos horizontes. Fronte a quenes comparecen ante a sociedade sostendo que se fai o único que se pode facer; fronte a quenes din que nada distinto ou alternativo se pode levar a cabo; fronte a quenes consideran que gobernar é limitarse a xestionar imposicións de terceiros…. o proxecto que iniciamos o domingo baséase, precisamente, en non resignarse e en cambiar as cousas. Este proceso de eleccións primarias serviu para coñecer mellor aos candidatos, pero tamén as súas ideas. Foi unha excelente oportunidade para ampliar o proceso de decisión máis alá das fronteiras da estrita militancia política partidaria, extendéndoa a quenes comparten ideas e son parte do apoio electoral nas urnas”, apuntou.
Con elo, producirase, segundo destacou o dirixente do PSOE lucense, un impulso de renovación do contrato político cos electores, dos Partidos e os seus candidatos. “Que os xestores públicos sexan vistos como fonte de problemas en vez de actores na solución dos mesmos evidencia un alonxamento social, que é necesario reducir por saúde democrática. Por iso, é unha satisfacción que se fixese realidade aquelo de que as cousas se poden facer dun modo distinto, máis eficaz e transparente, modificando actitudes e comportamentos anteriores. Sen elo, non será posible recuperar a confianza que os Partidos tivemos na Transición e durante as primeiras décadas da democracia”, concluíu.
Con este sistema, incidíu, “o Partido conseguiu ensanchar a democracia, xa que os votantes non quedamos como simples convidados de pedra ante o proceso electoral, senón que nos pronunciamos sobre quen e como vai a concurrir nel, rompendo a apatía política e obrigando aos candidatos a baixar da súa torre de marfil e a coñecer de primera man as inquietudes e necesidades dos cidadáns”.
Os 12 elexidos
O encontro celebrado este sábado xurde do proceso levado a cabo o pasado domingo para a elección do dirixente do PSOE a nivel estatal. Os 12 delegados elexidos, e que participarán no cónclave federal a vindeira semana, foron os seguintes: José Ramón Gómez Besteiro (secretario Xeral do PSdeG-PSOE), María Loureiro (alcaldesa de Viveiro), Juan Carlos González Santín (secretario Xeral do PSdeG-PSOE da provincia de Lugo), Elba Veleiro (concelleira do PSOE en Vilalba), José Tomé Roca (secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Monforte de Lemos), Laura Celeiro (alcaldesa de O Incio), José Blanco (deputado no Parlamento Europeo), Fe Álvarez (secretaria Xeral do PSdeG-PSOE de As Nogais e membro da executiva nacional galega), Horacio Rouco (secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Palas de Rei e secretario de Medio Rural da executiva provincial), Marta Jato (secretaria de Organización do PSdeG-PSOE da agrupación de Lugo), Pablo Rivera (secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Láncara e coordinador comarcal de Sarria) e Mayra García (secretaria Xeral do PSdeG-PSOE de Trabada e coordinadora comarcal da Mariña). Coa elección destes candidatos quedan representadas todas as comarcas da provincia.



















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



