Preto de 200 persoas disfrutaron da actuación que a cantante galega Uxía Senlle ofreceu o pasado sábado á noite nos xardíns do Eido Dourado, en Barreiros. A lúa chea que había creou unha maxia especial no concerto, “que viviu o seu momento máis emotivo cando Uxía Senlle interpretou unha canción xunto a Ugía Pedreira, que lle dedicaron á filla desta última, de nome Lúa”. Celso Dourado amósase moi satisfeito pola acollida que tivo o concerto de Uxía Senlle, que estivo acompañada á guitarra por Sergio Tannus.
























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



