A Deputación puxo en marcha este luns no Centro de Interpretación Terras do Miño, situado na capital luguesa, o derradeiro obradoiro gratuíto de “Motivación e xeración de ideas” do II Campus de Emprendemento Sostible. 12 lucenses participan nesta iniciativa, que inclúe formación sobre os instrumentos que contribúen a unha boa idea empresarial ou os elementos a ter en conta á hora de crear unha empresa; visitas a empresas consolidadas e titorías individuais para a posta en marcha dos novos negocios. Outras 23 persoas recibiron a mesma formación noutros dous obradoiros, facendo que sexan un total de 35 lucenses os que se forman gratis no Campus da Deputación para iniciar a súa actividade empresarial.
En Terras do Miño, foron dous os seminarios de “Motivación e xeración de ideas” os que se celebraron, xunto ó de hoxe. En Cervantes, tivo lugar outro. Os seus 35 participantes continúan recibindo asesoramento gratuíto para abrir os seus novos negocios nos 29 Concellos que integran as Reserva da Biosfera de Terras do Miño e Os Ancares Lucenses.
A Deputación ofrece agora formación gratuíta a outras 60 persoas que xa teñan máis avanzada a súa idea de negocio. Para elo, mantén aberto o prazo de solicitude de 3 obradoiros, con 20 prazas cada un, sobre “Maduración da idea empresarial”, que inclúen formación, visitas a empresas consolidadas e titorías individuais. Para anotarse só é preciso acceder a www.deputacionlugo.org ou chamar ó 982-22-78-12. As datas, horarios e lugares de celebración destes novos seminarios son as seguintes:
– Centro de Interpretación Terras do Miño: 1-4 de setembro. De 10:00 a 14:00 horas.
– Os Ancares-Cervantes: 8-11 de setembro. De 16:00 a 20:00 horas.
– Centro de Interpretación Terras do Miño: 15-18 de setembro. De 16:00 a 20:00 horas.
Creación de emprego no rural
O Campus de Emprendemento Sostible é a programación da Deputación que xera emprego no rural e combate o despoboamento demográfico, apostando pola cultura emprendedora. Este plan resultaron, polo de agora, 7 novas empresas que abriron as súas portas na provincia logo da celebración da súa primeira edición o ano pasado. Estas entidades son dos seguintes sectores: agricultura ecolóxica, gandeiría ecolóxica, educación ambiental, turismo rural, ecoagruturismo e produción artesanal.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



