Viveiro, 16 de xullo de 2014. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, visitou, este mércores, as instalacións da lonxa de Celeiro de Viveiro, na que se reuniu co presidente da Asociación Penalba, Bernardo Fraga, para asinar un convenio de colaboración, por valor de 3.000 euros, de cara a promocionar a merluza do pincho de Celeiro, un produto pesqueiro de referencia na comarca da Mariña.
Durante a xuntanza, Antonio Veiga explicou que “o sector pesqueiro da Mariña está a ser duramente castigado polas políticas que está a exercer nesta materia o goberno do Estado, como o borrador do Real Decreto do Ministerio que regula a Primeira venda de Produtos Pesqueiros que contempla autorizar como establecementos para poder realizar a primeira venda de peixe aos grandes mercados centrais como MercaMadrid ou MercaBilbao, medida que leva implícito o desmantelamento das lonxas, que perderían o control da comercialización do peixe; ao que hai que engadir a intención do Ministerio de Facenda de subir o IVE dos produtos da pesca ao 21%, no lugar do 10% actual”.
“A folla de ruta que está a seguir o Partido Popular – continuou o vicepresidente – suporía un duro golpe para a pesca, un sector estratéxico para a comarca da Mariña tanto en termos económicos como de creación de emprego, un sector do que viven unas 5.000 persoas”. Na comarca entre 1.500 e 1.600 persoas están afiliadas ao réxime do mar, cun efecto multiplicador en terra de 3 ou 4 postos de traballo por cada un no mar, especialmente no sector da transformación e exportación. Das dez empresas con maior facturación da provincia de Lugo, tres están directamente vinculadas ao sector pesqueiro da Mariña”.
A diferenza das políticas que exerce o Partido Popular tanto desde o Estado como desde a Xunta de Galiza, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo traballa a prol da dinamización dos sectores primarios das comarcas de Lugo así como na promoción dun dos sectores con máis futuro da Mariña e do resto da provincia: o turismo; e nesa liña se asinou este convenio para pór en valor a merluza do pincho de Celeiro, xa que a gastronomía é unha das principais potencialidades da comarca a nivel turístico, que complementa a súa paisaxe e patrimonio.
E nese sentido, este sábado, 19 de xullo, a asociación Penalba organiza a XVII edición da Festa da Merluza do Pincho, nas instalacións da Lonxa Vella do Porto de Celeiro, na que se poderá degustar a merluza elaborada de diferentes formas, como a merluza especial Penalba, en empanada, en pizza, en salpicón, caldeirada, en salsa verde, e a típica elaboración á galega; nun intento de pór en valor este produto do mar entre as xentes da Mariña, e dalo a coñecer entre os visitantes que se achegan á comarca durante a época estival.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



