Nordés, para o sábado 26 de xullo, en colaboración coa empresa “Mar de Ardora”, dedicará unha xornada a un dos recursos que o mar que bate nas nosas costas fai inigualabel: as algas, e que, despois de ser utilizado principalmente como abono para os terreos, e na farmacoloxía, pasou nestes últimos tempos a ir buscando un sitio nas nosas mesas.
A devandita xornada ten varias actividades que se desenvolveran en Loiba (Ortigueira), pobo no que houbo de sempre un bó número de persoas dedicadas á recolleita e venda de algas, aínda que o oficio de algueira estivo a piques de desaparecer.
Escomenzará o día adicado ás algas cunha visita á unha das praias na que os algueiros e algueiras facían a súa laboura: a praia da Ribeira do Carro, nos impresionantes cantís de Loiba. Isto será ás 10 e media, sendo ponto de encontro o Restaurante “El Galeón” media hora antes, tamén no pobo de Loiba. A visita será guiada por Xosé Antonio Canoura, recolector e distribuidor de algas.
Nese mesmo Restaurante terá lugar o seguinte paso da xornada co xantar dun menú degustación a un prezo de 15 euros, e que terá como base as algas da bisbarra. Para o xantar teranse que apuntar previamente os que queiran asistir.
Despois, xa ás 16:30, desprazarémonos a Ortigueira para visitar as instalacións da empresa “Mar de Ardora”, e así coñecer de primeira mán cómo se tratan as algas despois da súa recolleita para a súa comercialización.
Para rematar o día a partires das 8 da tarde facerase unha ruta de pinchos feitos con algas de “Mar de Ardora”. Na ruta están incluidos os bares de Loiba “Chiringuito de O Picón”; “Los Claveles”, “O Galeón”, e “A Taberna” de O Viso.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



