O alcalde de Burela, José María González Barcia, asistiu este sábado á xornada de seguridade marítima a bordo, que organizou o ISM e que inaugurou o subdelegado do goberno en Lugo, Ramón Carballo. O rexedor asegurou que se trata dun tema interesante ¨tendo en conta que pouco a pouco vai calando no mundo do mar. É necesario preocuparse pola seguridade dos profesionais do mar¨. González Barcia lembrou que ¨na década dos 60 introducíronse as primeiras balsas nos barcos e nos 70 púxose en marcha a Casa do Mar, punto de inflexión da seguridade dos marineiros e da súa saúde¨. E engadiu que ¨Burela sempre tivo especial sensbilidade pola seguridade e nese sentido hai que seguir traballando. Calquera innovación que se pona en marcha é positiva, a adaptación é cuestión de tempo¨. O alcalde agradeceulle ao ISM a celebración desta xornada en Burela e dixo que tanto o Concello coma a confraria seguirán a colaborar.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



