Ribadeo, 11 de agosto de 2014. O Día do Socio organizado polo colectivo ribadense Amadores da Música reuniu a unhas 300 persoas no auditorio de Cabanela na tarde-noite do pasado sábado. A xornada empezou cun concerto da banda municipal de Ribadeo e despois os participantes compartiron unha churrascada elaborada na propia área recreativa do paseo marítimo ribadense.
Esta actividade serviu ademais para que o número de socios de Amadores da Música aumentara nunha vintena, explicou o presidente do colectivo, José Luis Pulpeiro, quen se mostrou satisfeito de cómo se desenvolveu a xornada e destacou que “o tempo acompañounos e estivo unha noite estupenda”.
A Banda de Música Municipal de Ribadeo desprazarase hoxe, luns, a Cedeira para participar nun festival que empezará cun pasacalles ás sete e media da tarde.
Este xoves, día 14, ás once da noite terá lugar na Praza 8 de Marzo, que está detrás do Cine Teatro Ribadeo, o segundo concerto do ciclo Agosto Musical 2014, que correrá a cargo da sección de vento madeira da banda ribadense xunto co grupo Ribadeo Clarinet Connection, baixo a dirección de David Ballester.
E o sábado, día 16, a Banda de Música Municipal de Ribadeo actuará na festa de San Roque. Ofrecerá un concerto nesa rúa da vila ribadense despois da procesión.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



