Lugo, 5 de agosto de 2014. A compañía mindoniense Mircromina Títeres inicia este mércores unha xira que a levará por 30 concellos da provincia de Lugo nos meses de agosto e setembro dentro do programa ‘Cultura sobre Rodas’, un espectáculo itinerante de títeres organizado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A primeira das actuacións será mañá en Taboada e o venres 8 de agosto chegará a Alfoz, ás 20:00 horas na Torre de Pardo de Cela. Nas vindeiras semanas este espectáculo chegará a outros concellos da Mariña, como Ribadeo, Cervo, Trabada, Barreiros ou Viveiro.
A área de Cultura da Deputación de Lugo, no seu afán por apoiar as distintas asociacións e por impulsar a cultura nas súas diferentes vertentes, un ano máis pon en marcha o programa “Cultura sobre rodas”. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, foi o encargado de presentar esta iniciativa coa que, segundo explicou, “buscamos achegar a un público familiar actividades culturais de calidade, para complementar aquelas que xa realizan as propias asociacións, co obxecto de encher, dunha maneira alternativa e gratuíta, o tempo de lecer estival”.
Durante a súa intervención, Antonio Veiga explicou que “o obxectivo de ‘Cultura sobre rodas’ radica en potenciar o tecido asociativo dos concellos e parroquias, xa que son os pequenos colectivos os que máis traballan por desenvolver a actividade cultural de base, sobre todo nestes momentos de crise económica”, e fixo fincapé en que “a experiencia nos demostra que na maioría dos casos existe un compromiso máis firme por parte destas asociacións que dos propios concellos”.
Nese sentido, o vicepresidente da institución provincial precisou que “é aí onde a área de Cultura ten o compromiso, e quere mostrar o seu apoio explícito e claro para que as asociacións poidan manter programas culturais de altura” e animou ás asociacións culturais que o desexen a levar ao seu concello a tradición oral da man de “Cultura sobre rodas”.
Nesta edición, “Cultura sobre rodas” ofrecerá un total de 30 representacións por toda a provincia de Lugo, da peza “Vacacións do mar”, da man da compañía Mircromina Títeres, unha proposta para todos os públicos que presenta un espectáculo de factura propia e totalmente artesanal.
Mircromina Títeres
Mircromina Títeres é unha compañía con sede estable na Mariña Lucense, en concreto en Mondoñedo. Caracterízase por espectáculos de factura propia e totalmente artesanais. Este colectivo nútrese das técnicas do teatro de títeres máis tradicional. Como titiriteiros e titiriteiras de oficio, asumen a concepción, realización e representación das súas obras: constrúen os bonecos, confeccionan o vestiario, deseñan e nalgúns casos constrúen os decorados, os teatriños e o atrezzo, e crean as historias e mesmo parte da música dos seus espectáculos.
Deste xeito, non só conseguen reforzar a coherencia do seu xeito de facer títeres, senón que este tamén é o segredo da súa cercanía co público que, insensibilizado ás veces ante producións moi tecnificadas ou formatos ambiciosos, conectas coa sinxeleza, claridade e ritmo da proposta escénica de Mircromina Títeres.
Que é Vacacións no mar?
Vacacións no mar é un espectáculo de títeres de guante, no que se conxuga o tradicional estilo da cachiporra, tan eficaz dramaticamente, con uns carácteres e aconteceres renovados para o público de hoxe en día.
Tanto as escenografías como os mecanismos e bonecos son pezas únicas, deseñadas e creadas no obradoiro artesán de Mircromina Títeres. Este espírito artesamal chega ata a música do espectáculo: parte dela foi creada especificamente para o espectáculo por Falsario, artista que traballa en exclusiva para a compañía Mircromina. En canto ao resto, é unha selección de músicas libre e orixinais de Rymsky-Korsakov unhas e temas populares interpretados pola formación lucense Kibitka as outras.
Desta maneira, cun sinxelo e eficaz guión, uns personaxes de marcado carácter e ritmo trepidante, Mircromina Títeres fai a súa contribución á renovación deste xénero dramático e o goce das almas nenas.
Que acontece en Vacacións no mar?
A Mariña encantaríalle viaxar polo mundo adiante. Un día, Moncho chega ao porto co seu veleiro “Ovos con patacas”. Pero nun descoido o pirata Ollo Birollo toma prestada a nave e faise ao mar. Tras 45 minutos de acción, cumprirá Mariña o seu soño de dar a volta ao planeta?
PROGRAMA NA MARIÑA
Alfoz: Castelo de Pardo de Cela, 8 agosto ás 20.00 horas
Ribadeo: Círculo Habanero, 15 agosto ás 20.00 horas
Cervo: Praza do concello, 30 agosto
Barreiros: Praza do Concello, 6 setembro ás 12.30 horas
Viveiro: Praza Fontenova, 12 setembro 19.00 horas




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



