Foz, 14 de agosto de 2014. O vindeiro domingo, 17 de agosto, terá lugar a II Feira de Gando de Cangas de Foz. O evento está organizado polo Concello, coa colaboración dos Cabaleiros de Cangas, que foron os promotores da recuperación da feira e os encargados da súa coordinación.
O portavoz dos Cabaleiros de Candas, Eladio Basanta, explicou que “esta é unha idea que xurdiu o ano pasado para recuperar unha feira tradicional que había moitos anos que non se celebraba aquí, en Cangas de Foz. Este é o segundo ano que a facemos e está organizada polo Concello, en colaboración cun grupo de amigos que somos de aquí de Cangas e a Asociación de Montes e de Veciños”.
Sobre o programa Basanta subliñou que “teremos a apertura da feira ás 10:00 horas aproximadamente e ao largo de toda a mañá poderase comprar e vender gando de todo tipo, non só cabalar. Pola mañá tamén teremos paseos gratuítos para nenos, e algún maior que se preste a subirse, e a mediodía un xantar no Campo da Feira ou nos bares colaboradores da parroquia”. En engadiu que “xa pola tarde pasaremos ao que son as carreiras de andadura e máis de burros, tanto aparellados como individuais. Ao remate da feira faremos a entrega de premios e o sorteo de rifas . Recordamos que todo o día estará amenizado por unha discoteca móbil e invitamos a todo o mundo a que veña a celebrar o día con nós”.
Na II Feira de Gando de Cangas de Foz tamén haberá unha exposición de maquinaria e de artesanía. En total repartiranse máis de 1.000 euros en premios nos diferentes concursos que se desenvolverán ao longo do día. O será na área recreativa Os Castros.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



