Grupo Municipal do PP de Ribadeo.- Viaxes, contos e contas do alcalde.
O verán é tempo de conversas de rúa e tempo tamén de relecturas clásicas. Algunhas das obras máis antigas cobran actualidade tanto polos temas que tratan como polos seus protagonistas, e hai veces nas que as historias pasadas e cantadas reaparecen en paralelo co presente e animan as charlas e as críticas políticas entre nube e nube.
A Eneida é unha desas obras clásicas que canta a viaxe de retorno do seu heroe ata o seu fogar pasando por innúmeras aventuras. O perfil deste protagonista é moi distinto de tódolos anteriores e é de feito o primeiro dos grandes protagonistas modernos, tanto polo seu carácter e pensamento como pola súa forma de responder ás adversidades. O bó de Eneas respondía tamén a outras características que o fixeron merecedor de alcumes como polytlas, polymetis e polyméchanos, é dicir, o moi sufridor, o moi astuto e o de moitos recursos; e é aquí onde a historia deste clásico se cruza coa do noso alcalde e as consecuencias do derradeiro pleno onde presentaron os orzamentos do 2014 (entre outros asuntos). Os conceptos antes referidos cubren perfectamente algunhas das argucias e recursos estilísticos e publicitarios do noso rexedor e o seu equipo de goberno no seu proceder protocolario.
Logo das críticas económicas dos outros grupos (que pouco eco tiveron en prensa) o grupo municipal do PP presentou unha serie de comentarios que non incidían directamente na matriz económica dos orzamentos, xa case consumidos, do equipo de goberno, pero sí pretendían criticar a política de reparto de gastos no concello de Ribadeo. De tal forma comentouse que dos máis de oito millóns e medio de euros do total, o 42% vai destinado ós gastos de persoal, que seguen gastando máis de 13 mil euros en publicidade e autobombo, que gastando 18 mil euros en extinción de incendios rexeitaron pedir a axuda da Xunta (un 75% do coste total) para a brigada de incendios por considerar que debería ser a Xunta a que pagara o total, que a previsión en gastos xurídicos e en contenciosos, presupostada en 12 mil euros, elevouse a 50 mil,… En fin, unha serie de discrepancias coas fórmulas de recollida, reparto e gastos que como partido que goberna en maioría fan como eles consideran, e nos, como oposición, comentamos e criticamos de forma racional e positiva. Falamos tamén do elevado custo de mantemento e aluguer de determinados locais da vila, e lembramos tamén a proposta que este grupo fixo de darlle rendemento público a algún deses lugares (como se está facendo xa con outros recursos emblemáticos). Non pedimos que pecharan nada, senón que xestionaran algún dos lugares que crean moito gasto de forma que se lles poidera sacar rendemento. Velaí apareceu a Casa da Ría, a chamada Casa das Algas, o ascensor panorámico,… e esa foi a proposta deste grupo.
A partir de aí apareceu nos medios a noticia de que o alcalde recolle a suxerencia do grupo, e logo outro titular no que defende o éxito do ascensor e por fin aporta nun terceiro a cifra de 230 mil viaxes desde o 2010…. Agradecemos ó alcalde a publicación destes números porque convirten o ascensor nun novo destino turístico en Ribadeo, competindo comparativamente coa praia das Catedrais. 230 mil viaxes desde o 2010 supoñen 138 viaxes diarias durante estes catro anos, repetimos, cada día 138 viaxes…. Unha cifra que envexarían Eneas, Simbad, Marco Polo, Colón, Phileas Fogg, Livingstone, Scott, Amstrong ou calquera outro viaxeiro clásico e moderno. Certamente un éxito que, insistimos, debería rendabilizarse para o noso pobo.
Grupo Municipal do PP de Ribadeo.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



