Ribadeo, 8 de agosto de 2014. A praia das Catedrais será escenario dun simulacro o vindeiro martes, 12 de agosto, ás 11.30 horas O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, pide colaboración cidadá para que todo discorra con normalidade. O suposto será un desprendemento que deixará atrapadas e feridas a varias persoas.
O edil nacionalista explicou esta mañá que “dado que o sistema de calidade e medio ambiente implantado nas praias de Catedrais e Illas-Castros de Ribadeo esixe desenvolver un simulacro de emerxencia, este ano levarémolo a cabo na praia das Catedrais. O acontecemento será o vindeiro día 12 de agosto contra ás 11:30 da mañá. Van colaborar o 112, o 061, os Bombeiros de Barreiros, a Garda Civil, a Policía Local e os socorristas”.
Cupeiro subliñou que “dado o potencial perigo da nosa costa pretendemos con este simulacro poñer en coordinación a todos os corpos que teñan relación coa seguridade. Trátase dun desprendemento onde hipoteticamente quedarían atrapadas varias persoas, unha delas con carácter moi grave e outras con lesións de menor calado”. E demandou “a colaboración cidadá para que todo poida descorrer con fluidez dado que será en horario de baixa mar e de gran afluencia de visitantes. Faremos unha regulación do tráfico para ocasionar os mínimos problemas posibles”.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



