Santiago, 14 de agosto de 2014.- A directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa, mantivo este xoves unha xuntanza con representantes da Asociación Galega de Apicultores (AGA) co obxectivo de informarlles sobre as medidas que se están desenvolvendo fronte a vespa velutina ou asiática e os resultados que se están a obter. A directora xeral explicou que o protocolo se está a desenvolver con éxito, lanzou unha mensaxe de tranquilidade á opinión pública e incidiu en que esta especie, tamén coñecida como avespa asasina, non ten efectos nocivos para a saúde pública, máis aló dos que teñen as avespas comúns.
Patricia Ulloa explicou que a velutina afecta ás avespas autóctonas e ao medio ambiente polos grandes niños que constrúe. Non obstante informou de que a día de hoxe a Consellería do Medio Rural e do Mar non ten constancia de que ningún apicultor galego tivese perdas nas súas colmeas como consecuencia da vespa velutina. De feito, sinalou, o obxectivo do protocolo de actuación é evitar que esta especie, catalogada na relación existente de especies invasoras e que procede de Asia, afecte as avespas autóctonas.
En canto ao protocolo, Patricia Ulloa explicou que está coordinado pola Consellería do Medio Rural e do Mar, que traballa xunto coa Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas e a dirección xeral de Emerxencias e Interior. Nel tamén intervén personal dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais, de protección civil e os bombeiros de cada concello. Ademais engadiu que a administración está en contacto co sector apicultor a través das asociacións de apicultores.
Estas unidades póñense en marcha no momento en que hai un aviso de que pode existir un niño de vespa velutina. Neste sentido, a directora xeral aclarou que non todos os avisos de vespa velutina resultan na retirada de niños, xa que hai unha serie de avisos que non se corresponden con niños desta especie. De feito, destacou, a día de hoxe hai 270 avisos e 139 niños de vespa velutina retirados, porque non todos responden a esta especie.
Ademais o protocolo tamén inclúe a colocación de trampas para captar exemplares de vespa velutina co obxectivo de que non afecten ás avespas autóctonas. Neste sentido, a directora xeral sinalou que grazas á aplicación do protocolo, a día de hoxe capturáronse case 3.000 exemplares de vespa velutina. Ademais o protocolo contempla cursos de formación e accións divulgativas.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



