Ourol, 13 de agosto de 2014.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, comprobou a marcha dos traballos de estabilización nun tramo de 150 metros de noiro que se levan a cabo na estrada LU-540 -que une Viveiro e Cabreiros- no concello de Ourol, á altura do núcleo de Os Vilares.
As obras están xa moi avanzadas e se prevé que estean rematadas a vindeira semana. Arias explicou que esta actuación pretende evitar riscos por desprendementos, dado que o noiro quedou moi afectado polas intensas precipitacións rexistradas o pasado inverno.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas destina 70.000 euros a esta intervención, que se produce na marxe dereita do punto quilométrico 9 da estrada, no que xa se rexistraran algúns desprendementos de terreo que estaban a ocasionar un aterramento da cuneta. Tamén estaba afectado o camiño que se sitúa na parte superior do noiro, que igualmente será obxecto de reparación.
Este deslizamento foi principalmente provocado por filtracións de auga dende a parte superior do noiro debido ás choivas que foron encharcando o material, que unha vez saturado, ademais de aumentar de peso viu diminuída a súa cohesión.
Arias sinalou que se actúa sobre este punto “para evitar riscos que poidan poñer en perigo a adecuada vialidade neste treito, non só estabilizando o noiro senón tamén tomando medidas para minimizar, dentro do tecnicamente posible, a presenza de auga”.
Así, as medidas que se están levando a cabo son, en primeiro lugar, unha limpeza e retirada do material desprendido así como o desbroce e retirada de maleza e arbustos para, posteriormente, retaluzar o noiro existente, dándolle una pendente máis tendida, de xeito que se consiga unha maior estabilidade do terreo.
Outra das medidas adoptadas é a construción de drenaxes, tanto na parte superior, cunha cuneta na cabeza do noiro para evitar así a entrada de auga procedente do monte, como no pé do noiro para recoller e conducir as augas de infiltración cara ás cunetas e obras de drenaxe da estrada.
Estas obras de consolidación, que comezaron hai máis de dúas semanas, remataranse coa construción dun pé de escollera na parte inferior do noiro para dar maior estabilidade ó mesmo.
A estrada entre Viveiro e Cabreiros soporta unha intensidade media diaria de 2.703 vehículos, cunha porcentaxe de tráfico pesado do 10,3%.
Durante a visita, a delegada territorial estivo acompañada por técnicos do Servizo de Infraestruturas de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e polo tenente de alcalde de Ourol, José Ramón Vázquez Bouza.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



