Cervo, 18 de agosto de 2014- A Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras e o Concello inauguraron unha exposición na Casa da Cultura na que se amosan os traballos elaborados a man polas alumnas dos cursos de calceta, bordado, costura, palillar, pintura e macramé. En total foron 35 as persoas que asistiron ás clases dende os meses de outubro a maio nos locais sociais de Castelo e Rúa. Unha temporada na que ampliaron a oferta de cursos.
Un acto no que estiveron presentes o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Igualdade, Pilar Armada, a presidenta da asociación, Inés Cobas, e outras membros da directiva así como profesoras dos cursos e as alumnas, as autoras das pezas expostas.
Na mostra pódense ver diferentes aplicacións destas modalidades en obxectos cotiáns como botellas, coxíns, utensilios de cociña, elementos decorativos, vestidos, roupas do fogar como toallas, manteis, panos de cociña, sabas, tapetes ou abanicos, así como outros elementos que se reutilizan, mellorándoos e dándolles unha nova vida.
A edil de Igualdade destacou a creatividade das alumnas e pon en valor que as súas clases teñan ademais “resultados prácticos que poden disfrutar nas súas casas e ao mesmo tempo nos poden amosar para comprobar o espléndido traballo realizado durante meses”.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



