Cervo, 18 de agosto de 2014- O Concello de Cervo informou hoxe de que o mércores, xoves e venres produciranse cortes de tráfico na zona da piscina municipal de Lieiro. En concreto, permanecerá pechado todo o aparcamento do edificio, polo que non poderá ser utilizado polos vehículos. En canto á estrada de acceso á piscina, tamén permanecerá cortada, de forma que só quedarán uns metros libres que se poderán utilizar para estacionar.
O motivo destes cortes puntuais son as obras do gasoduto que constrúe Alcoa. O Concello pide desculpas aos usuarios polas incomodidades que se poidan producir por estas medidas e lembra que “o gasoduto é unha instalación moi importante para a viabilidade de Alcoa e, ao mesmo tempo, beneficiará ao noso medio ambiente”, explica o edil de Deportes, Luis Guillén.