Ribadeo comeza este martes unha semana chea de eventos. Este martes ás 21.30 horas celébrase a gala solidaria de Anidan a favor da infancia en África no auditorio municipal. O mércores a compañía de teatro de rúa Os Quinquilláns participarán no percorrido polo pasado indiano de Ribadeo a partir das 20.30 horas dende o Teatro. O venres a compañía O Retrete de Dorian Grey ofrecerá pases teatrais polo día adiante no Parque de San Francisco a partir das 11.30 horas. No mesmo escenario celebrarase o mercadiño solidario da AECC a partir das 20.00 horas e ás 23.00 horas a sección de percusión da Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá un concerto. O sábado 9 de agosto a partir das 17.00 horas no Parque de San Francisco celebrarase o mercado das Perseidas, Mostra de Novos Creadores e Deseñadores Locais, que incluirá o concerto de de Remakers ás 20.30 horas. No Teatro, con entrada gratuíta, proxección músico-visal de fotografía de Josequín Miláns a partir das 20.30 horas baixo o nome de ‘Luz e color na ría’. E, en Cabanela, a Banda Municipal celebra o Día do Socio cun concerto e unha churrascada a partir das 21.00 horas.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



