O Eido Dourado promoveu a pasada fin de semana dous concertos. O primeiro tivo lugar o venres pola noite na terraza do cámping Gaivota. Alí estivo a Oxford University Ceilidh Band, que deleitou coa súa música e baile aos asistentes a esta cita, que ademais disfrutaron dunha tradicional queimada. Os rapaces do grupo fixeron participar nos seus bailes ao público asistente. E o domingo o flamenco foi o protagonista nos xardíns do Eido Dourado. Iria Peña Trío co seu flamenco feito en Galicia encheron de sentimento e de arte esa noite a carón da praia da Pasada, en Barreiros.
O Eido Dourado coa Oxford University Ceilidh Band e Iria Peña Trío
O Eido Dourado coa Oxford University Ceilidh Band e Iria Peña Trío
Relacionado
-
Co gallo do Día de Europa, Estefanía Molina impartirá unha conferencia na UNED de Lugo
-
Obradoiro de Educación emocional e técnicas de relaxación o 24 de maio ás 10:30 no Centro Sociocultural de Alfoz
-
A deputada de Cultura Iria Castro asistiu este mércores á Festa daFilloa, que reuniu no recinto feiral de Muimenta centos de veciños evisitantes arredor desta receita tradicional