O canteirán Carlos Valle Izaguirre será xogador profesional do Burela Pescados Rubén. Tras completar a súa formación deportiva durante a tempada anterior, compaxinando o equipo senior e de Terceira División. O xogador burelés convenceu a Juanlu Alonso para formar parte, a todos os efectos, do equipo profesional da entidade laranxa. Durante a tempada anterior Carlos Valle xa adestrara con regularidade co primeiro equipo e disputado algúns encontros da máxima categoría. Con 20 anos, a á-pivot mariñao gañouse a oportunidade de integrarse completamente na dinámica do equipo profesional grazas a súa progresión e actitude. Na tempada 2014/2015, o club manterá a mesma política de potenciar a canteira e, nesta ocasión, serán Renato, Helder, Antón e Erik os que teñan a oportunidade de avanzar na súa formación deportiva adestrando con regularidade co primeiro equipo e compaxinando partidos co filial. O canteirán estivo acompañado na súa presentación na oficina do club polo presidente, Manuel Blanco, e o adestrador do primeiro equipo, Juanlu Alonso.
O presidente declarou sobre a incorporación definitiva do canterano que é “un orgullo para o club ir subindo xogadores da canteira ao equipo senior. A presenza de Carlos como xogador profesional referenda a nosa aposta polas categorías de base, política que potenciamos aínda máis esta tempada coa presenza de Renato, Helder, Erik e Antón. Con eles realizarase o mesmo procedemento que se levou con Carlos; adestramento habitual co equipo senior e os partidos en función das necesidades do equipo. Con iso fomentamos que o seu período de formación se enriqueza e que estean mellor preparados para dar o salto definitivo do mesmo xeito que sucedeu con Carlos”.
Pola súa banda, Carlos Valle comentou que “é unha ilusión enorme formar parte do equipo senior. É un soño feito realidade, levo nas categorías de base desde benxamíns e para a min é unha gran oportunidade que quero aproveitar.Confío nas miñas posibilidades e quero aportar o meu gran de area para conseguir os obxectivos fixados polo club”. O técnico laranxa, Juanlu Alonso, valorou é ascenso de Carlos Valle como “unha noticia positiva para a entidade. Esperamos que esta tempada avance un paso máis na súa formación. Está tendo unha boa progresión e a nosa ilusión é que sexa a tempada da súa confirmación. Na anterior realizou un gran traballo, confiamos en que continúe coa súa evolución e o seu esforzo e dedicación teña os seus froitos esta tempada”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
