Barreiros, 20 de agosto de 2014.- As terrazas do cámping Gaivota, en Barreiros, acollerán o vindeiro venres, 22 de agosto, ás once da noite un concerto promovido polo Eido Dourado. Trátase de Cé Orquestra Pantasma. Baixo ese nome agóchase o vigués César Freiria, músico autodidacta e apaixonado dos instrumentos musicais. Este rapaz comezou a súa andaina musical aos 8 anos e desde entón non deixou de traballar. Chegou a formar parte de grupos tan dispares como A Roda ou a banda punk Oxtiax ke te Pariu.
O artista barreirense Celso Dourado sinala que “como colofón da programación do Eido Dourado este venres pechamos o ciclo de concertos, que se viñeron celebrando este verán, tanto no Eido coma no cámping, e facémolo con Cé Orquetra Pantasma. Baixo este nome atópase todo un virtuoso da música, estamos a falar de César Freiria, un grande apaixonado dos instrumentos musicais, que formou parte de grupos punk ou de A Roda. Ten unha bagaxe e unha formación incrible, rodease dun montón de cachivaches para facer música. É un espectáculo velo actuar”.
Dourado engadiu que “a cita terá lugar a partir das once da noite nas terrazas cámping Gaivota. Será o último evento desta tempada, será o broche final á nosa programación. Agardamos que o tempo nos acompañe e alí estaremos pechando este ciclo musical”.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



