Ribadeo, 12 de agosto de 2014. Con éxito se desenvolveu o simulacro de rescate que tivo lugar esta mañá na praia das Catedrais. O suposto foi o desprendemento dunha pedra de grande dimensións, que deixou atrapada a unha persoa. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, subliñou a rápida actuación dos bombeiros de Barreiros e do resto dos efectivos implicados.
O edil nacionalista sinalou que “este simulacro foi por un desprendemento de unha pedra de considerables dimensións, onde o que intentamos foi poñer en práctica algo que pode suceder no futuro por si acaso. O que fixo esa pedra foi deixar atrapada a unha persoa que non se podía sacar, polo que tiveron que actuar os Bombeiros de Barreiros”.
Cupeiro explicou que “o tempo de resposta dende que os Bombeiros entraron ás 11:30 horas, foi exactamente dunha hora, dende que chegaron a carón da persoa accidentada, ata que esta foi trasladada á ambulancia. Participaron tódolos corpos que teñen que participar nunha cousa destas coma foi o 112, o 061 de Ribadeo, os Bombeiros, a Policía Municipal e a Garda Civil. Unha das primeiras cousas que se fixo foi cortar o tráfico rodado nas Catedrais e mandar aos coches ao aparcamento que temos activo para este fin durante todo o verán. A continuación, a Policía Municipal, axudada pola Garda Civil, estivo disuadindo ás persoas para que non se acercasen ao lugar do accidente”.
Para o concelleiro de Medio Ambiente “a efectividade e o grado de desenvolvemento que levaron a cabo os Bombeiros foi espectacular. Eu feliciteinos polo alarde de bo facer que demostraron baixando en cordada posiblemente dende unha altura duns 15 metros ao punto no que se produciu o suposto accidente. O tempo de rescate foi moi bo. Non sei si se podería facer máis rápido, pero dende logo, mellor imposible. Vese que os Bombeiros teñen unha profesionalidade moi boa e o resto dos corpos tamén, xa que fixeron moi fácil ter controlado o sitio onde se produciu este suposto incidente”.
Cupeiro dixo estar “moi contento de ter programado este simulacro precisamente por un posible desprendemento. Creo que en calquera momento se pode producir un incidente así e debemos alertar á xente para que ande con moito coidado polos sitios onde se pon, non só nas Catedrais, senón na costa en xeral. A costa é algo dinámico que está a caer tódolos días en diferentes sitios e que os visitantes e veciños teñen que ter coidado porque existen precipicios fáciles de desprender e isto é perigoso”.
O simulacro de rescate realizouse con marea baixa e diante da atenta mirada de moitos dos turistas que estaban a visitar o areal nese momento: “intentamos facer este simulacro cando houbera un maior número de visitantes na praia das Catedrais, coma acontece agora mesmo con marea baixa e mareas vivas. Fixémolo porque debemos planear as cousas cando hai máis dificultade para sacar adiante estes casos. Os visitantes comportáronse moi ben porque precisamente os corpos e forzas de seguridade do Estado estiveron disuadindo á xente para que non se acercase ao lugar onde estábamos a levar a cabo o simulacro. Aínda así había na praia un montón de xente de visita e foi espectacular ver ao final como todos aplaudiron a boa labor levada a cabo polos Bombeiros e demais corpos de seguridade que participaron no simulacro”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



