Madrid prepara unha das obras máis simbólicas do reinado de Carlos III (o Salón do Prado e as súas fontes) cando un asasinato conmove a cidade: un raparigo de quince anos aparece castrado e os seus atributos masculinos arroxados na contorna dun dos monumentos principais do Paseo, o de Cibeles.
O comisionado do intendente ao que se lle encarga a investigación chega ao convencemento de que o crime garda relación coa chegada da deusa frixia, cuxos sacerdotes no seu delirio ofrécenlle o seu masculinidade. Os rumores salpican á princesa de Asturias, María Luisa de Parma, polo que o Rei ordea que sexa espiada. Pero os crimes non se deteñen e a cidade axítase entre sospeitas e terrores.
Este é o argumento da novela histórica e policíaca de José de Cora ‘La navaja Inglesa’ que será presentada este sábado 16 de agosto na Casa da Cultura de Foz.